Inicio Galicia A Xunta pon en valor a rede de albergues galegos logo da...

A Xunta pon en valor a rede de albergues galegos logo da incorporación do albergue Bela Muxía

0

A Comunidade Autónoma conta na actualidade con dez equipamentos incluídos na Rede Española de Albergues (REAJ), catro deles de titularidade autonómica: o albergue de Gandarío, no municipio de Bergondo; e as residencias xuvenís Lug II, en Lugo; Florentino López Cuevillas, en Ourense; e Altamar, en Vigo


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, visitou na xornada de hoxe as instalacións do albergue Bela Muxía, recentemente galardoado en Sevilla co premio da Rede Española de Albergues Juveniles (REAJ) á mellor instalación e iniciativa neste ámbito.

Neste senso, Vázquez subliñou que coa adhesión de Bela Muxía á REAJ “Galicia mellora a oferta de aloxamento para a xente nova, unha oferta que se compón de dez equipamentos: catro na provincia da Coruña; un na de Lugo; catro en Ourense e un na de Pontevedra”. E, ao fío lembrou que do total, catro pertencen á Xunta de Galicia. Nomeadamente, o albergue de Gandarío, no municipio de Bergondo; e as residencias xuvenís Lug II, en Lugo; Florentino López Cuevillas, en Ourense; e Altamar, en Vigo”.

Leer más:  Sartorius pide "actuar de manera proactiva" frente a la operación de "hostigamiento" a "la democracia" y confía en que Sánchez "resista"

As instalacións de Bela Muxía destacan polo seu deseño e funcionalidade, participando na Bienal de Venecia de arquitectura 2016. Ademais, a súa paxina web foi premiada pola Cámara de Comercio de España como programa de éxito. O albergue dispón de 64 prazas e servizos de comedor, duchas, lavandería, garaxe para bicicletas, wifi, internet, terraza e miradoiro, entre outras comodidades. Esta iniciativa estivo presente en Fortumarl, foro de turismo e marketing de Ferrol onde se puxo como exemplo de éxito. Ademais, contén unha exposición temática de lendas, poemas e textos relacionados co mar e coa cultura da Costa da Morte, creados por autores universais como Rosalía de Castro, García Lorca ou José Saramago, entre outros, e acolle o desenvolvemento de actividades culturais: presentacións de libros, concertos, recitais de poesía ou exposicións de arte, entre outras iniciativas.

Finalmente, a responsable das políticas xuvenís do Goberno autonómico lembrou que a través desta rede o seu departamento autonómico desenvolve distintos programas de intercambios xuvenís, grazas aos cales a os mozos e mozas benefíciase dunha oportunidade única de experimentar, vivir e colaborar noutros albergues de dentro e fóra de España co obxectivo de mellorar os seus coñecementos.  

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

- Te recomendamos -