Inicio Galicia A Xunta pon en valor a colaboración entre concellos coa entrega dos...

A Xunta pon en valor a colaboración entre concellos coa entrega dos “Premios Coopera” a tres mancomunidades

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe nesta entrega de premios, que xa vai pola súa sexta edición

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe en Leiro a sexta edición dos “Premios Coopera”, que teñen como obxectivo poñer en valor e recoñecer as iniciativas de colaboración entre os concellos galegos. Nesta ocasión, os tres primeiros premios recaeron, por esta orde, nas mancomunidades de Terra de Celanova, a Mariña Lucense e Terras do Avia.

Durante a súa intervención, Rueda destacou a importancia da colaboración, porque redunda non só en beneficio de cada municipio, senón tamén no conxunto de toda a súa veciñanza. Ao respecto, puxo en valor que o traballo colaborativo das entidades locais tense xa consolidado como un modelo de prestación de servizos públicos, cando hai anos estes exemplos de xestión eran moito máis escasos.

Ademais de que cada vez son máis numerosas iniciativas conxuntas como as recoñecidas hoxe, cómpre recordar ademais que en Galicia xa se teñen producido dúas fusións de concellos, e que a maioría de ordes de axudas da Xunta ás entidades locais priorizan os proxectos compartidos. Grazas a todo isto, Galicia sitúase a día de hoxe á cabeza da cooperación municipal en España.

Leer más:  Adolfo Domínguez destaca el rejuvenecimiento de su audiencia como factor clave para el crecimiento de la marca en España

Neste sentido, o vicepresidente da Xunta apostou por seguir redobrando esforzos na cooperación entre concellos porque, en tanto se ten demostrado como unha ferramenta moi útil ante a crise económica, pode ser tamén un elemento fundamental para facer fronte á crise demográfica.

Os premiadosO primeiro premio deste ano recaeu na mancomunidade Terra de Celanova, que comprende os concellos de Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea. Foron recoñecidos pola súa iniciativa para a implantación dunha aula de conciliación e de actividades formativas para mulleres.

Este proxecto busca mellorar os servizos prestados polo Centro de Información á Muller da Mancomunidade. Así, a través da aula de conciliación, un profesional encargarase das actividades de atención aos nenos e nenas de entre 3 e 17 anos dos concellos da Mancomunidade. Ademais, tamén se impartirán accións formativas a homes e mulleres para o intercambio de tarefas e responsabilidades no ámbito doméstico.

O segundo galardón desta edición foi parar á mancomunidade da Mariña Lucense (Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove, Barreiros, A Pontenova, Ribadeo, Trabada e Riotorto).

Leer más:  Dos personas fueron liberadas después de que su coche volcara en la AP-9, en O Burgo, Culleredo (A Coruña)

Esta mancomunidade presentou o proxecto ‘Catuxa’, que responde ás siglas de Coeducación, Aprendizaxe Transversal e Unidade de Xénero para a Adolescencia. Levarase a cabo nos 11 Institutos de Educación Secundaria (IES) da mancomunidade, co obxectivo de sensibilizar sobre a violencia de xénero e promover relacións igualitarias no entorno escolar.

Por último, a mancomunidade Terras do Avia foi recoñecida co terceiro premio polo seu proxecto ‘Creando o xeodestino O Ribeiro-O Carballiño’. O ámbito de actuación comprende un total de 19 concellos: os 4 da mancomunidade e outros 15 (Arnoia, Amoeiro, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Maside, O Carballiño, O Irixo, Piñor, Pontedeva, Ribadavia, San Amaro e San Cristovo de Cea).

O obxectivo desta iniciativa é fomentar o turismo nesta zona a través dun plan de actuación plurianual que aporte certeza aos concellos que a conforman, confianza no empresariado e axentes turísticos locais, e que xere un sistema de promoción e comunicación estable no mercado.


- Te recomendamos -