Inicio Galicia A Xunta pon en marcha un Plan de formación sobre administración dixital...

A Xunta pon en marcha un Plan de formación sobre administración dixital e protección de datos para os empregados públicos

0

A EGAP ofrecerá medio centenar de cursos con máis de 1.200 horas de capacitación específica online e presencial

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018.- O proceso de transformación dixital no que está inmersa a Administración autonómica require dun acompañamento formativo para os empregados públicos. No marco do Plan de Goberno e Administración dixital 2020 ponse en marcha un Plan Formativo sobre aspectos chave da dixitalización e a protección de datos.

O Plan ofrecerá durante 2018 máis de 1.200 horas de formación en 55 cursos presenciais e online que abordarán diferentes aspectos derivados dos procesos de dixitalización como a tramitación electrónica integral, os procesos de dixitalización dos rexistros ou o uso dos novos sistemas de información como os de notificación electrónica, o de rexistro único ou a plataforma Pasaxe!, entre outros.

Ademais, a entrada en vigor do Regulamento Xeral de Protección de Datos o vindeiro 25 de maio implica un importante impacto nas Administracións públicas polo que parte da formación do Plan está orientada a formar e divulgar as novidades desta normativa.

Leer más:  Escotet (Abanca) considera que la fusión de BBVA y Sabadell no afectaría los precios para los consumidores

A Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento deste Plan durante 2018.

En virtude deste acordo a Amtega facilitará os perfís docentes e o material didáctico desta oferta formativa. A EGAP publicará no DOG e na súa web as diferentes convocatorias de cursos e actividades e os prazos de matrícula correspondentes.

Lei Galega de Administración Dixitala realización deste plan formativo avanza as actuacións previstas no anteproxecto de lei de administración dixital de galicia (ledixga), en fase de tramitación, que contempla a definición dun plan de capacitación dixital do empregado público para asegurar unhas asegurar unhas competencias dixitais mínimas para o exercicio das súas funcións, así como os mecanismos de acreditación de coñecementos e capacidades no uso das TIC.

A formación profesional continua e a reciclaxe profesional de todo o persoal empregado público constitúe unha necesidade imprescindible ante a rapidez dos cambios que implica a dixitalización das súas funcións.

Leer más:  Un hombre que agredió sexualmente a la hija de su pareja durante diez años ha sido condenado a 17 años de prisión

Plan de Goberno e Administración Dixital 2020A Xunta puxo en marcha en 2015 o Plan de Goberno e Administracións Dixital 2020 para acadar unha administración accesible, áxil nas respostas, con capacidade para anticiparse ás necesidades das sociedade e eficiente no uso dos recursos públicos e que ofrece.

Para acadar este obxectivo estase a afondar na madurez do uso de medios electrónicos por parte dos profesionais do sector público autonómico e a implantar novos sistemas de información que requiren dun acompañamento formativo específico que se concreta en Plans como o que a Amtega, a Vicepresidencia e a EGAP ofrecerán durante 2018.

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

CURSO


- Te recomendamos -