Inicio Galicia A Xunta pon en marcha un novo punto de atención para a...

A Xunta pon en marcha un novo punto de atención para a inclusión socio-laboral no Concello de Celanova

0

O Concello colaborou na apertura da oficina, que fai seguimentos semanais dos usuarios da comarca e do municipio coincidindo cos días da feira da localidade


O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez Muíños, visitou hoxe o novo punto de atención para a inclusión socio-laboral, que a Xunta abriu na localidade ourensá de Celanova en colaboración co Concello.

Trátase dunhas dependencias situadas na planta baixa do edificio do Xulgado, no número 4 da Praza de Cervantes. Nelas opera unha técnica do equipo comarcal de inclusión socio-laboral do Consorcio en Barbadás, que fai un seguimento semanal dos usuarios -non só do propio concello de Celanova, senón tamén da súa comarca-, coincidindo cos días nos que se celebra a feira na localidade.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar conta na actualidade con 19 equipos de inclusión socio-laboral, dos que 18 desenvolven o seu labor dende a rede comarcal, distribuída por todo o territorio galego, e un máis, no centro penitenciario de Teixeiro, no chamado “Módulo Nelson Mandela”. Todos eles están incluídos na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, co-financiada pola Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo (FSE).

Leer más:  El Partido Popular de Galicia reivindica la labor de sus diputados y senadores como "contrapeso" a los "ataques" del Gobierno a Galicia

O obxectivo destes equipos é promover a inserción social e laboral dos colectivos en situación ou grave risco de exclusión social, mediante o desenvolvemento de itinerarios individualizados e integrais de inserción, dende unha perspectiva ligada sempre ás potencialidades de cada territorio e ao seu tecido social e produtivo.

Os equipos comarcais de inclusión socio-laboral do Consorcio interveñen en todo momento de xeito coordinado e en colaboración cos recursos do sistema de servizos sociais e emprego -nomeadamente, os municipais- e coas entidades sociais. Durante o pasado ano 2017 os equipos atenderon a preto de 3000 persoas.


- Te recomendamos -