Inicio Galicia A Xunta pon en marcha un dispositivo de reforzo para recuperar o...

A Xunta pon en marcha un dispositivo de reforzo para recuperar o material danado polas inundacións na Fábrica de Tabacos

0

A Xefa Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, María Barreiro, supervisou os traballos de limpeza e secado e reuniuse co Presidente da Audiencia Provincial para coordinar as medidas a adoptar

A Xunta de Galicia puxo en marcha un dispositivo de reforzo para facer fronte aos danos provocados polas inundacións que se rexistraron no edificio da Fábrica de Tabacos, tras as choivas torrenciais que se rexistraron esta fin de semana.

Tras ter noticia da inundación do espazo do arquivo xudicial na Fábrica de Tabacos se desprazaron ata o edificio os técnicos de mantemento.

Ese mesmo día xa se procedeu á retirada da auga acumulada. Asimesmo, traballaron persoal da empresa de limpeza e tamén persoal de AMTEGA comprobando que os sistemas informáticos funcionaban para que hoxe luns non houbese incidencias.

Esta mesma mañá, desprazouse ata alí a Xefa Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, María Barreiro, para supervisar os traballos de limpeza e de recuperación do material.

Leer más:  El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratifica la condena de un individuo a un año y nueve meses de prisión por cometer un fraude en la venta de una casa en Vigo

Ademais, estableceuse un dispositivo especial de reforzo composto por 4 archiveros que estes días se dedicarán a traballar no edificio para proceder á recuperación e limpeza do material afectado traballando de forma coordinada co persoal da empresa de mantemento contratada pola Xunta.

A Xefa Territorial da Xunta reuniuse tamén, esta mesma mañá, co Presidente da Audiencia, José Luis Seoane Spiegelberg, para consensuar a cesión dunha sala, que xa a está a disposición dos técnicos, para trasladar todo o material afectado a proceder a súa limpeza e recuperación.

Ao longo da mañá os arquiveiros, xunto coa Xefa Territorial e a arquitecta técnica da Delegación e persoal de mantemento, están no edificio encargándose de sacar e colocar os expedientes mollados no novo emprazamento para o seu secado e, por último, pedíronse deshumificadores industriais que chegarán mañá para o secado da zona afectada.

A Xefa Territorial da Coruña, técnicos e responsables da Xunta supervisarán estes días os traballos de recuperación do material.


- Te recomendamos -