Inicio Galicia A Xunta participa nas III Xornadas de Convivencia de Agrupacións ...

A Xunta participa nas III Xornadas de Convivencia de Agrupacións de Protección Civil de Ourense nas que participan preto de 350 voluntarios

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira asistiron esta mañá á inauguración das Xornadas que teñen lugar en Celanova

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor indicou hoxe a importancia da formación continua que reciben os voluntarios de Protección Civil e precisou que dende o Goberno galego apóiase o labor do voluntariado, tanto na formación como con axudas económicas para o seu funcionamento e coa cesión de diverso equipamento.

Segundo indicou o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, o programa formativo que se levará a cabo na Xornadas, a través de diferentes talleres prácticos, estará adicado a temas de interese no mundo das emerxencias e nos que os voluntarios de Protección Civil teñen un destacado papel, como son a prevención e loita contra a vespa velutina, incendios forestais é a importancia da coordinación nestas emerxencias a través formación dun Posto de Mando Avanzado, condución de vehículos todoterreo, a seguridade en probas do motor ou a labor de auxilio e colaboración dos membros das Agrupacións en accidentes de tráfico.

Leer más:  Este miércoles en Vigo se está llevando a cabo el juicio de dos personas acusadas de defraudar más de 80.000 euros mediante la venta de equipos médicos

Dende o 2015 na provincia de Ourense creáronse 8 novas Agrupacións que son: Cortegada, Cualedro-Monterrei, O Bolo, San Xoán de Río, Mancomunidade Terras de Celanova, Lobeira, Boborás e San Cristovo de Cea, e 1 reactivouse. Actualmente, a nosa comunidade conta con 233 Asociacións de Voluntarios de Protección Civil, das que 74 están na provincia da Coruña, 43 en Lugo, 73 en Ourense e 43 en Pontevedra, que aunan un total de 4.600 voluntarios en toda a nosa comunidade, dos que mais de 1.300 son da provincia de Ourense.

Formación na Academia Galega de Seguridade PúblicaNo aspecto formativo e a través da Academia Galega de Seguridade impartiuse de forma descentralizada en Ourense, no primeiro semestre do ano 2018, un total de 10 cursos cun total de 156 voluntarios diplomados. Se levaron a cabo 3 cursos básicos de Protección Civil, 1 curso de accidentes na estrada, 2 cursos de Incendios Urbanos e Forestais e 4 de Formación en Desfibrilación Semiautomática (DESA).

Neste último trimestre xa se iniciou en Ourense unha formación que consta de 3 cursos Básicos de Protección Civil, 1 Cursos de Accidentes na estrada, 2 Cursos de Incendios Urbanos e Forestais e 4 de Formación en Desfibrilación Semiautomática (DESA). Ofertando en total para este ano unha formación a un total de 424 voluntarios de protección civil.

Leer más:  Primeras matrículas universitarias gratis en Galicia, primera promesa electoral de Rueda en campaña

- Te recomendamos -