Inicio Galicia A Xunta participa na iniciativa posta en marcha polo concello de Mos...

A Xunta participa na iniciativa posta en marcha polo concello de Mos en prol da loita contra a violencia de xénero

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella asistiu hoxe á xuntanza que tivo lugar nas Ilas Cíes e que reuniu a máis de 540 mulleres dos concellos de Mos, Avión e Melón

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou hoxe nas Xornadas de convivencia con 540 mulleres organizadas pola Asociación de mulleres do concello de Mos, Melón e Avión en prol da loita contra a violencia de xénero e a defensa da igualdade entre mulleres e homes.

Susana López Abella e a alcaldesa da Mos, Nidia Arévalo indicaron que esta iniciativa ‘SoMos Mulleres, SoMos Libres’ ten obxectivo a prevención e erradicación da violencia de xénero, así como a posta en valor da importancia do papel da muller na sociedade..

A Secretaria Xeral, Susana López Abella, destacou a importancia de traballar pola promoción da igualdade con iniciativas coma esta. Salientou tamén o peso do movemento asociativo feminino e a aposta pola formación, pola información, polo emprendemento e a conciliación para eliminar as discriminacións por razóns de xénero.

As máis de 540 mulleres levaron a cabo esta actividade co obxectivo principal da prevención e erradicación da violencia de xénero, así como a posta en valor da importancia do papel da muller.  

Leer más:  El 97% de los estudiantes que comienzan el colegio consiguieron una plaza en el centro educativo que habían elegido como su primera opción

- Te recomendamos -