Inicio Galicia A Consellería de Cultura investirá 50.000 euros na mellora do Museo de...

A Consellería de Cultura investirá 50.000 euros na mellora do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital en Ribeira

0

O conselleiro e o alcalde asinaron un convenio de colaboración a través do que se mellorará a climatización da súa sede e se facilitará a apertura na mesma dunha biblioteca infantil e xuvenil

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investirá 50.000 euros na mellora do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, en Ribeira, a través dun convenio de colaboración que ten como obxectivo mellorar a climatización da súa sede e facilitar a apertura na mesma dunha biblioteca infantil e xuvenil. Así o anunciou hoxe o conselleiro, Ramón Rodríguez, tras asinar o acordo co alcalde, Manuel Ruíz Rivas, e no marco do acto de entrega do IX Premio Atlante de Gravado, convocado por esta institución museística.

En concreto as actuacións contempladas no convenio permitirán o mantemento da temperatura e a humidade nas instalacións do museo, o que redundará na mellor calidade das visitas e nunha mellor conservación dos fondos. Así mesmo, a mellora na climatización facilitará a realización de exposicións que esixen expresamente uns valores de temperatura e humidade relativas que non se poden realizar sen ter instalado un sistema adecuado para elas. Por outra parte, prevese a creación da Biblioteca Infantil e Xuvenil Ilustrada, con máis de 2.000 volumes que estará a disposición do público infantil e xuvenil e de todos os visitantes do Museo do Gravado.

Leer más:  Desarticulado un grupo que robaba en puntos limpios de A Coruña y Pontevedra y con lo que facturaron 6.500 euros

No referido ao IX Premio Atlante de Gravado, o conselleiro destacou o feito de que, por primeira vez, o primeiro premio deste certame, que leva o nome de Ramiro Carregal, se lle outorgue a unha artista galega, Aida López Fernández, nada na comarca do Barbanza. Román Rodríguez quixo tamén felicitar ao resto dos galardoados, así como aos máis de 300 participantes desta edición, procedentes de todo o mundo, “pola calidade dos traballos presentados e pola ampla diversidade de técnicas empregadas”. O conselleiro salientou, así mesmo, o Premio Atlante como un dos máis importantes de España nesta disciplina artística, que conta ademais cunha gran participación internacional.

En canto ás melloras que se van realizar no Museo, Román Rodríguez confiou na súa utilidade para darlle pulo a este centro, “referente na divulgación artística tanto na comarca como a nivel internacional”. Neste sentido lembrou que conta cunha colección de estampas que supera os 40.000 rexistros de máis de 400 artistas e que abrangue sete séculos de historia. Así mesmo, destacou o dinamismo do Museo, que continúa aumentando os seus fondos e que mesmo puxo en marcha o ano pasado unha Escola de Gravado. “Agardo que este Museo do Gravado – único en Galicia e en España– vaia a máis, tanto en proxección como en número de visitantes, e que esta parroquia de Artes se converta nun punto de encontro europeo para amantes desta disciplina artística e da natureza”. 

Leer más:  "'Taxibol' y 'Habitar' fueron las dos mejores películas en la 19 MICE Museo do Pobo Galego"

- Te recomendamos -