Inicio Galicia A Xunta mantén unha xuntanza cos procuradores galegos para trasladarlle o contido...

A Xunta mantén unha xuntanza cos procuradores galegos para trasladarlle o contido da segunda fase do Plan de recuperación que se porá en marcha este mesmo mes

0

O director xeral de Xustiza indicoulle que os funcionarios reforzarán a labor nos xulgados de Primeira Instancia, Mercantil, Social e de Violencia de Xénero


O director xeral de Xustiza, Juan José Martín mantivo esta mañá unha xuntanza cos representantes do Consello Galego de Procuradores coa finalidade de trasladarlle o contido da segunda fase do Plan de Recuperación nos Xulgados galegos.

Juan José Martín indicoulle que os funcionarios reforzarán a labor nos xulgados de 1ª Instancia, Mercantil, Social e de Violencia de Xénero este mesmo mes de outubro, centrándose especialmente nas unidades das cidades onde se detectou que era máis necesario, e despois de recabar os datos e informacións facilitadas por Consello Xeral do Poder Xudicial, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Fiscalía e os secretarios coordinadores.Á espera de que coñecer o número de xuíces e letrados que se incorporarán ao plan de recuperación, nesta segunda fase os funcionarios reforzarán o traballo especialmente nos xulgados de Primeira Instancia, nos Sociais, nos Mercantís e nos exclusivos de Violencia sobre a Muller. En total, serán arredor dun cento de unidades xudiciais nas que se prevé comezar co plan o máis axiña posible. Antes de que remate o ano actuarase tamén en xulgados situados en vilas e na xurisdición penal, e posteriormente en órganos colexiados, sempre de acordo cos datos facilitados polos órganos de goberno dos xuíces, dos fiscais, polos letrados da Administración de Xustiza e pola comisión na que están os sindicatos asinantes do acordo.

Leer más:  Besteiro establece como objetivos de la nueva ejecutiva del PSdeG enfocarse en la economía y lograr que Galicia gane "importancia"

Hai que recordar que nada máis rematar a folga, ao longo do mes de xuño e xullo, a Xunta xa levou a cabo a primeira fase do plan, centrada en desatascar o traballo nos servizos de rexistro e reparto, en notificacións e embargos e nos rexistros civís, así como na Fiscalía. Para esta segunda fase, na que é imprescindible a implicación de todos, a Xunta logrou o compromiso do Ministerio de Xustiza de colaborar para financiar a participación no plan de xuíces, fiscais e letrados ao servizo da Administración de Xustiza.  


- Te recomendamos -