Inicio Galicia A xunta licita a redacción do proxecto para solucionar a acumulación de...

A xunta licita a redacción do proxecto para solucionar a acumulación de sedimentos na zona de baño da praia fluvial de Furelos, en Melide

0

As empresas interesadas neste contrato, licitado por un importe de case 53.000 euros, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 15 de xaneiro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de licitar a redacción do proxecto para resolver a acumulación de sedimentos na zona de baño da praia fluvial de Furelos, en Melide.

As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 15 de xaneiro. Este contrato, licitado por un importe de preto de 53.000 euros, ten un prazo de execución duns 8 meses.

O obxectivo deste contrato é analizar as alternativas e redactar o proxecto construtivo das actuacións para resolver os problemas ocasionados pola modificación do réxime hidráulico que sofre o río Furelos, co fin de mellorar a súa conectividade na contorna da praia fluvial.

Na contorna deste río existe unha zona de baño habilitada na praia fluvial, que cun espazo de recreo. Na actualidade, o espazo reservado para o baño atópase colmatado por acumulación de sedimentos retidos no azud.

Leer más:  El Senado aprueba una propuesta del BNG modificada por el PP que solicita apoyo para la industria del marisco

Para solucionar esta situación analizaranse diversas actuacións, entre elas a apertura de todo ou parte do azud co fin de dispor dunhas comportas que se abran no inverno e que permitan o fluxo dos sedimentos durante a época de máximas enchentes, e permanecendo cerrada na época estival para favorecer a zona de esparcemento público.

Tamén se estudará a disposición de deflectores permanentes ou temporais, é dicir, dispositivos que modifican a dirección dunha corrente de fluído, co obxectivo de evitar a presenza de zonas mortas e contribuír ao fluxo dos sedimentos, recuperando ó réxime hidrolóxico do río.


- Te recomendamos -