Inicio Galicia A Xunta lamenta que o Ministerio de Fomento pretenda rachar o acordo...

A Xunta lamenta que o Ministerio de Fomento pretenda rachar o acordo co Goberno galego e co Concello de Ponteareas para a construción da Variante

0

O Ministerio incumpre agora o compromiso que asumiu de contratar, executar e financiar as obras da Variante, cuxo proxecto construtivo será redactado pola Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia lamenta que o Ministerio de Fomento pretenda rachar o acordo co Goberno galego e co Concello de Ponteareas para impulsar conxuntamente a construción da Variante desta localidade.

Esa é a vontade que se desprende da resposta do Ministerio de Fomento ao borrador de convenio que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade lle remitiu o pasado mes de setembro, co obxectivo de concretar as responsabilidades de cada Administración para materializar esa actuación.

A proposta de acordo formulada pola Xunta desenvolvía o protocolo que as tres administracións asinaron no ano 2015 e polo que o Ministerio de Fomento se comprometía a contratar, executar e financiar as obras da Variante de Ponteareas, mentres que o Goberno galego redactaría o proxecto construtivo. Unha vez executada a obra, o Concello de Ponteareas asumiría a titularidade da vía.

Tamén en coherencia con ese acordo, os Presupostos Xerais do Estado para 2018 comprometen un investimento plurianual de 21 millóns de euros na execución da Variante de Ponteareas.

Leer más:  El socialismo gallego se une para apoyar a Sánchez ante el "acoso": "Los demócratas debemos unirnos y actuar"

Sen embargo, a proposta de convenio de colaboración remitida hoxe polo Ministerio contradí eses acordos previos e mesmo o contido dos Orzamentos Xerais do Estado en vigor. Así, Fomento elude agora a súa responsabilidade de contratar e executar as obras, e limita a súa achega económica a un máximo de 7 millóns de euros.

A Xunta de Galicia considera inaceptable esta ruptura dos acordos previos entre Administracións e reclama do Ministerio de Fomento un compromiso serio que permita a execución nos termos pactados da Variante de Ponteareas.

Así mesmo, lembra o carácter fundamental desta infraestrutura para Ponteareas a para toda a comarca do Condado.


- Te recomendamos -