Inicio Galicia A Xunta traslada ao Goberno o seu compromiso de cooperación en materia...

A Xunta traslada ao Goberno o seu compromiso de cooperación en materia de seguridade nacional

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou en Madrid na constitución da Conferencia sectorial para asuntos de seguridade nacional


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou hoxe ao Goberno central a dispoñibilidade da Administración autonómica e o seu total compromiso de cooperación en materia de seguridade nacional.

Así o sinalou hoxe durante a súa participación na Conferencia sectorial para asuntos de seguridade nacional, cuxa constitución tivo lugar en Madrid. Nesta primeira sesión, procedeuse a aprobar o regulamento da mesma e a informar sobre distintas liñas estratéxicas.

A Xunta considera unha boa nova que se cree este órgano de coordinación e cooperación, previsto na Lei 36/32015 de Seguridade Nacional. Galicia participará e colaborará en todo o que se lle requira, e prevé desenvolver un papel activo nos grupos de traballo que se decidan crear para avanzar na mellora da seguridade nacional.

Ademais, o Goberno galego manifestou que porá a disposición da Seguridade Nacional o catálogo de recursos e medios humanos e materiais que son competencia autonómica. 

Leer más:  Amazon inaugurará una estación logística adicional en Cambre (A Coruña)

- Te recomendamos -