Inicio Galicia A Xunta inicia a construción da senda peonil e ciclista entre Vilariño...

A Xunta inicia a construción da senda peonil e ciclista entre Vilariño e o polígono do Salnés, na estrada PO-300, que contará cun investimento de máis de 340.000 euros

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá os traballos que se inicia na primeira intersección de acceso ao polígono industrial do Salnés e desenvolverase pola marxe dereita da estrada ata conectar coas beirarrúas existentes en Sameiro e Vilariño


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o inicio dos traballos do novo itinerario peonil e ciclista na estrada PO-300, no treito entre Vilariño e o polígono do Salnés, que afecta aos concellos de Cambados e Ribadumia.

Na visita estivo acompañado do alcalde de Ribadumia, David Castro, así como do tenente alcalde de Cambados, Víctor Caamaño, do xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez e do xefe provincial da Axencia Galega de Infraestructuras, Fausto Núñez.

A execución deste itinerario forma parte do Plan de Sendas de Galicia na comarca do Salnés, co obxectivo fundamental de favorecer unha mobilidade segura e sustentable. Esta actuación, cun investimento que roldou os 265.000 euros, será cofinanciada polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Leer más:  Una persona fue arrestada por el incendio en un edificio en A Coruña donde una menor fue rescatada

Tal e como explicou Cores Tourís, a actuación consiste na execución dunha senda de algo máis dun quilómetro para uso de peóns e de ciclistas na marxe dereita da estrada PO-300, nos Concellos de Ribadumia e Cambados, iniciándose no Pq. 9+310 da PO-300, onde se atopa a primeira intersección de acceso ao polígono industrial do Salnés e desenvolverase pola marxe dereita da estrada ata conectar coas beirarrúas existentes en Sameiro (Pq. 10+270) e Vilariño. “Esta infraestrutura permitirá completar un itinerario peonil continuo cunha lonxitude de case 1.100 metros, desde o polígono industrial do Salnés ata Cambados, contando cunha sección tipo da senda de 3 metros de ancho, separada da calzada por medio dunha banda axardinada de 0,5 metros, e os correspondentes bordos de separación”, engadiu o delegado territorial.

A obra incluirá a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios e a colocación da canalizacións que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.

Agárdase que os traballos teñan unha duración de oito meses. “Esta senda permitirá completar un itinerario peonil dende o polígono industrial do Salnés ata o centro de Cambados, pasando por Vilariño e utilizando as estradas autonómicas PO-300 e PO-550, o que facilitará a accesibilidade aos veciños deste entorno, aumentando a seguridade viaria”, rematou o delegado territorial.

Leer más:  En A Coruña se llevan a cabo las principales manifestaciones por el Día del Trabajo con énfasis en la petición de salarios más altos

- Te recomendamos -