Inicio Galicia Cores Tourís e López-Chaves participaron hoxe na reunión da Comisión Provincial de...

Cores Tourís e López-Chaves participaron hoxe na reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de loita contra os incendios forestais

0

Durante o encontro analizáronse as situacións de incendio vividas en anos anteriores, concretáronse as reunións que se celebrarán por distritos e definiuse a áreas de cobertura dos distintos corpos de vixilancia


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participaron esta mañá na reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais para a campaña deste ano, que estará operativa dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro, período establecido como época de alto risco de incendios. O obxectivo da xuntanza, na que tamén participaron responsables da Policía Autonómica e Nacional, da Garda Civil, do Exército, do Servizo de Emerxencias da Xunta, Protección Civil, Subdelegación do Goberno e membros da Xefatura Territorial de Medio Rural, foi coordinar as actuacións que se levarán a cabo para previr os lumes e loitar contra a actividade incendiaria. No encontro tamén se fixo balance dos incendios rexistrados na última campaña. Todos os participantes na reunión celebrada esta mañá na sede da Delegación Territorial de Pontevedra coincidiron en sinalar a importancia da campaña que arranca a semana que vén.

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

Durante a reunión, analizouse a situación das PAAI, Parroquias de Alta Actividade Incendiaria, caracterizadas polo número de incendios forestais reiterados (parroquias que tiveron unha media anual de 7 incendios ou máis nos últimos 5 anos) ou por unha gran virulencia dos incendios forestais declarados. Na provincia de Pontevedra existen na actualidade 15 PAAI en 12 concellos: Dozón e Bidueiros en Santa María de Dozón; Mourentán e Santa María de Arbo; Valeixe na Cañiza; Tortoreos nas Neves; Padróns en Ponteareas; Pontellas e Budiño no Porriño; San Xurxo de Salceda; San Salvador de Soutomaior; Santa María de Tomiño; Zamáns en Vigo; Saiar en Caldas de Reis e San Xoán en Poio.

Tamén se analizou o resultado das reunións que se foron realizando nas últimas semanas na provincia en relación a estas parroquias e nas que participaron tanto os alcaldes dos municipios que contan con estas áreas, as comunidades de montes afectadas, os corpos e forzas de Seguridade do Estado así como outros colectivos, como os cazadores.

Leer más:  El BNG denuncia que Altri puede ser "el tiro de gracia" para una Ría de Arousa "en continua caída productiva"

Ademais, definíronse as zonas de cobertura de cada corpo de cara a temporada alta de incendios, marcándose as responsabilidades da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Nacional, así como a distribución das patrullas terrestres do ministerio de Defensa. Por outra banda, informouse de que xa se atopa sobre o terreo o rexemento de cabalería da Garda Civil, que está despregado en Tui.

Por outra banda, incidiuse durante a reunión na importancia do control das franxas de seguridade próximas aos núcleos de vivendas, así como o control e vixilancia do arborado próximo a casas e vías principais.


- Te recomendamos -