Inicio Galicia A Xunta informa ao Concello de Vilagarcía do futuro simulacro do Plan...

A Xunta informa ao Concello de Vilagarcía do futuro simulacro do Plan de emerxencia exterior do parque de almacenamento de Finsa-Foresa

0

Os exercicios levaranse a cabo o próximo 24 de outubro no porto desta localidade e no mesmo participarán diversos servicios de emerxencia locais e autonómicos

O xefe do Servizo de Emerxencias de Pontevedra, Evaristo Juncal, informou esta mañá ao concello de Vilagarcía, do futuro simulacro do plan de emerxencia exterior (PEE) do parque de almacenamento de Finsa-Foresa nunha reunión que tivo lugar na casa consistorial deste municipio.

Juncal estivo acompañado nesta reunión de representantes da propia empresa, do Porto de Vilagarcía, dun representante do servizo de emerxencias do concello e da Policía Local, ademais do alcalde da vila, Alberto Varela e do concelleiro de Seguridade Cidadá.

O simulacro de PEE do parque de almacenamento de Finsa-Foresa, desenvolverase o próximo 24 deste mes nas instalacións que ten a compañía no peirao de Vilagarcía.

Evaristo Juncal trasladou aos representantes do concello e do Porto a importancia que teñen este tipo de exercicios, xa que dan a coñecer a potencial poboación afectada as medidas de autoprotección a aplicar en caso dun incidente. Así mesmo, permiten unha coordinación efectiva entre as administracións, o porto de Vilagarcía e a empresa para garantir unha maior seguridade na zona. Este tipo de simulacros deben ser levados a cabo cada dous anos.

Leer más:  La lista de 500 pequeños municipios que prestarán asistencia a mayores por la Renta ha sido publicada por Hacienda, siendo 50 de ellos en Galicia

O exercicio permitirá activar á empresa o seu Plan de Emerxencia Interior coa participación da súa brigada de intervención e dos efectivos de bombeiros de Vilagarcía. De forma simultánea activarase tamén o Plan de Emerxencia do propio Porto de Vilagarcía de Arousa e finalmente activarase o Plan de Emerxencia Exterior elaborado e dirixido dende a Xunta de Galicia.

Durante a reunión, trasladouse ao concello a solicitude de que a cidadanía sexa avisada da posta en marcha deste simulacro, así como tamén se demandou a colaboración do servizo de emerxencias municipal, de Protección Civil e de Policía Local.


- Te recomendamos -