Inicio Galicia A Rede Galega de Salas da Agadic achega 61 novas citas escénicas...

A Rede Galega de Salas da Agadic achega 61 novas citas escénicas e musicais aos seus cinco espazos asociados

0

Teatro del Andamio e Sala Gurugú da Coruña mais Sala Ingrávida do Porriño acollen esta fin de semana o arranque do segundo período de actividade anual deste circuíto, do que tamén forman parte Fundación SGAE de Santiago e Teatro Ensalle de Vigo


A Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura e Turismo ofrece desde mañá e ata finais de ano 61 actuacións nos cinco espazos escénicos que integran a súa Rede Galega de Salas: Teatro del Andamio e Sala Gurugú da Coruña, Sala Ingrávida do Porriño, Fundación SGAE de Santiago de Compostela e Teatro Ensalle de Vigo. Estas funcións correrán a cargo de 29 formacións artísticas de teatro, danza, maxia e música.

Financiada integramente pola Xunta, esta rede contribúe ao mantemento da actividade destas salas escénicas, de titularidade privada e capacidade reducida, que reúnen os requirimentos para o desenvolvemento das actuacións de xeito profesional. Mañá mesmo dá comezo este segundo período de programación anual do circuíto, que durante 2018 terá desenvolvido 114 citas culturais.

Leer más:  Prado dirigirá la campaña gallega y estaría "encantada" de que el PP cuente con Millán Mon y "algunos gallegos más"

Arranque na Coruña e O PorriñoCon máis de dez anos de historia, esta iniciativa ofrece unha carteleira de propostas moi diversas, na que ademais teñen unha destacada presenza as montaxes especialmente dirixidas ao público infantil e familiar nas fins de semana. É o caso da oferta coa que mañá se inicia esta nova carteleira na Coruña con Recreo, de Títeres sin Cabeza, no Teatro del Andamio (mañá ás 18,00 h. e o domingo ás 12,30 h. e ás18,00 h.) e Xan Perillán e a maleta máxica, de Os Monicreques de Kukas, na Sala Gurugú (mañá, ás 18,30 h.).

Pola súa banda, a Sala Ingrávida do Porriño acollerá tamén mañá, ás 21,30 h., o espectáculo teatral Chola a it girl, de ArtesaCía.

A meirande parte dos espectáculos preséntanse na Rede Galega de Salas da man de formacións galegas. Ademais das citadas, o circuíto programa os espectáculos para público familiar das seguintes compañías teatrais: A la Sombrita, A Xanela do Maxín, APP Creacións, Berrobambán, Caramuxo Teatro, Danthea Teatro, Katarsis Educación e Teatro, Nelson Quinteiro, Os Monicreques de Kukas, Os Náufragos, Producións Dispersas, Títeres Cachirulo e Trinketrinke Teatro. Pola súa banda, o teatro para público adulto estará representado por A Produccións Artísticas, Anómicoteatro, AveLina Pérez e Cinema Sticado, ademais de pola xa mencionada ArtesaCía.

Leer más:  El 97% de los estudiantes que comienzan el colegio consiguieron una plaza en el centro educativo que habían elegido como su primera opción

En canto á danza actuarán en rede as compañías Prácido Domingo, Cía.

Cielo rasO, Sandra Gómez de la Torre e Zig Zag Danza, mentres que A Tropa de Trapo e Ian & Elisa presentarán os seus espectáculos de maxia; e Roberto Oliveira, Luis Vallecillo, Magín Blanco e Paco Nogueiras, de música.

A Rede Galega de Salas conforma xunto coa Rede Galega de Teatros e Auditorios, a Rede Galega de Música ao Vivo e Cultura no Camiño, os outros tres circuítos de distribución de espectáculos xestionados pola Agadic, a oferta escénica e musical de produción galega e carácter profesional máis estable e ampla da nosa Comunidade. A programación completa pode consultarse en www.agadic.gal/Axenda e en www.cultura.gal/gl/axenda. 


- Te recomendamos -