Inicio Galicia A Xunta incorporará 300 metros de novas beirarrúas ao proxecto de mellora...

A Xunta incorporará 300 metros de novas beirarrúas ao proxecto de mellora da seguridade viaria da estrada PO-403, ao seu paso polo concello de Ponteareas

0

A proposta foi xa sometida a información pública, e as modificacións incorpóranse tralo estudo das alegacións recibidas

A Xunta de Galicia incorporará 300 metros de novas beirarrúas ao proxecto de mellora da seguridade viaria do treito da PO-403, ao seu paso polo Concello de Ponteareas, que está actualmente identificado como treito de concentración de accidentes.

Esta proposta, que xa foi sometida a información pública entre os meses de xaneiro e marzo deste ano, incorpora esta modificación en base ao estudo das alegacións recibidas, De modo que coa execución das obras previstas no proxecto, permitirá incorporar entre outras melloras, que o treito máis próximo a Ponteareas conte con beirarrúas en ambas marxes.

As actuacións previstas polo departamento de Infraestruturas da Xunta desenvolveranse no treito comprendido que se inicia despois do enlace coa A-52 (punto quilométrico 8+600) e o final da travesía de Angoares, preto de Ponteareas (punto quilométrico 10+200).

As principais intervencións previstas teñen como obxectivos, a mellora e reordenación das interseccións con maior accidentalidade, mediante a execución de cuñas de desaceleración ou aceleración, que faciliten os movementos de saída e incorporación á estrada autonómica para evitar a probabilidade de alcance e incrementar a visibilidade.

Leer más:  El PPdeG asegura que en las elecciones europeas se podrá elegir entre "más presencia de Galicia en Europa" o "dar más atención a los independentistas"

Na súa execución tamén se prevé a creación de puntos específicos nos que se realicen os xiros á esquerda e cambios de sentido con suficiente visibilidade, o que permitirá ademais reordenar outras interseccións próximas, limitando xiros que non se realizan actualmente nas condicións desexables de visibilidade.

Con esta intervención tamén se mellorará a seguridade nos pasos de peóns, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade, mediante a restrición do aparcadoiro nas súas aproximacións, a ampliación da beirarrúa no paso de peóns, etc. E se completará co reforzo da sinalización horizontal e vertical.

Esta proxecto enmárcase na estratexia do Goberno galego para actuar nas estradas autonómicas e suprimir os tramos identificados como treitos de concentración de accidentes ao longo desta lexislatura. 


- Te recomendamos -