Inicio Galicia A Xunta impulsa o decreto que permitirá cubrir por concurso específico 591...

A Xunta impulsa o decreto que permitirá cubrir por concurso específico 591 xefaturas de servizo na Administración galega

0

Estes postos de traballo están reservados exclusivamente a funcionarios de carreira, e ata agora eran cubertos polo sistema de libre designación

A Xunta impulsa o decreto que permitirá cubrir por concurso específico con convocatoria pública 591 xefaturas de servizo na Administración galega, e non a través de libre designación. Este cambio está recollido nun novo regulamento que será trasladado a vindeira semana ás organizacións sindicais para recoller as súas achegas, e trátase dunha medidas comprometida polo Executivo autonómico na Lei de Emprego Público de Galicia.

As xefaturas de servizo son postos da Administración ocupados exclusivamente por persoal funcionario que pasarán a cubrirse de xeito maioritario a través dun concurso específico, e non a través do sistema de libre designación tal e como se viña facendo ata o de agora. Este cambio reducirá os postos de libre designación ao mínimo na historia da Autonomía e mellora a previsión inicial, que era de cambiar o sistema de provisión duns 500 postos.

Para aplicar este novo sistema de provisión a través de concurso específico, a Dirección Xeral da Función Pública tivo que modificar previamente as relacións de postos de traballo (RPT) de cada consellería para poder adaptalas á Lei de Emprego, un proceso que foi negociado coas organizacións sindicais. Neste sentido, hai que subliñar que case o 80% das xefaturas de servizo da Xunta -460- xa están adaptadas á Lei de Emprego Público de Galicia, e o resto están pendentes de adaptación.

Leer más:  Cientos de pescadores protestan en Cangas en contra de la energía eólica marina: "Nuestro mar no estará en venta en subasta"

Fases do concurso específicoO novo regulamento de provisión de postos de traballo establece que o concurso específico que se realizará para cubrir as xefaturas de servizo constará de dúas fases. A primeira delas, consiste na valoración dos méritos xerais ou específicos e suporá como mínimo o 55% da puntuación máxima alcanzable.

Na segunda fase, valoraranse as capacidades, aptitudes ou coñecementos a través da realización de probas de carácter práctico; memorias; entrevistas ou test profesionais; a valoración de informes de avaliación ou outros sistemas similares segundo se determine na correspondente convocatoria.

Ademais, o decreto inclúe como novidade a valoración cada cinco anos do desenvolvemento do posto ocupado que será realizada por unha comisión técnica nomeada a tal efecto, e que determinará a continuidade ou cese da persoa que obtivo o posto no concurso específico.

Concursos permanentesO decreto inclúe a regulación dos procesos de mobilidade do persoal funcionario de carreira, desenvolvendo as novidades xa introducidas na Lei de Emprego Público e tamén actualizando a normativa nesta materia, dado que a vixente data do ano 1993.

Leer más:  Rueda solicita a Sánchez una reunión urgente para abordar temas estratégicos para Galicia

Respecto ao concurso ordinario, entre as novidades do novo regulamento figuran a posibilidade de realizar concursos ordinarios de carácter permanente, de conformidade co disposto na correspondente convocatoria, ou a distinción na valoración de méritos entre méritos de necesaria baremación –como a antigüidade ou o nivel de coñecemento da lingua galega- e os de méritos de non necesaria baremación.


- Te recomendamos -