Inicio Galicia A Xunta impulsa con 74.300 euros un proxecto empresarial que inclúe un...

A Xunta impulsa con 74.300 euros un proxecto empresarial que inclúe un ecomuseo e un obradoiro de apicultura en Negueira de Muñíz

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que se trata dunha iniciativa de emprendemento sostible que xa provocou varias rehabilitacións na aldea de Pena da Nogueira


A Xunta de Galicia impulsa en Negueira de Muñíz unha empresa de apicultura que producirá mel, polen e outros produtos apícolas de calidade, pero que tamén actuará no eido da formación e difusión dos valores e beneficios da apicultura tradicional e na posta en valor do patrimonio cultural, arquitectónico e etnolóxico apícola da comarca, coa creación dun ecomuseo e obradoiros sobre a materia.

A Consellería do Medio Rural achega 74.300 euros, o 50 por cento do investimento para a posta en marcha da iniciativa El país del Abeyeiro a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Montes e Vales Orientais.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe as instalacións da empresa xunto co promotor, Alberto Uría, e subliñou a importancia dun proxecto que busca a produción e consumo de produtos apícolas respectuosos co patrimonio natural e cultural e tamén “xerar tecido económico, social e cultural na comarca”.

Leer más:  Besteiro critica que el PP "conviva" con la ultraderecha y afirma que "solo aquellos que creen en Europa pueden defenderla"

Balseiro sinalou que a empresa “xa deu probas do dinamismo que quere imprimir na zona”, dado que se instalou nunha aldea que estaba abandonada, Pena da Nogueira, e xerou un movemento de recuperación que levou á rehabilitación de varias casas e da pista de acceso ao pobo.

De feito, engadiu, é un claro exemplo do tipo de iniciativas que apoia a Xunta a través dos GDR, “modelos de negocio sostibles dende o punto de vista económico e medioambiental, que rendibilizan os recursos locais, xeran emprego, dinamizan o entorno e axudan a fixar poboación no rural”.

Este proxecto, concluíu, combina a liña de produción coa de formación, educación ambiental, turismo e natureza, e abre a posibilidade de converterse nun recurso turístico fundamental para a zona.  


- Te recomendamos -