Inicio Galicia A Xunta habilita o crédito para licitar as obras da nova estación...

A Xunta habilita o crédito para licitar as obras da nova estación de autobuses intermodal de Vigo, cun investimento de 16 millóns de euros

0

A licitación conta cun prazo de execución total de 18 meses e incluirá a nova terminal de autobuses e a parte de accesos e túneles correspodente

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou este mediodía que o Consello da Xunta aprobou hoxe o crédito adecuado para poder licitar a estación de autobuses dentro da estación intermodal integrada de Vigo, por un importe de 16 millóns de euros. Unha licitación que, cun prazo de execución total de 18 meses, permitirá a construción dunha nova estación de autobuses e a parte correspondente dos túneles e aos accesos.

Esta actuación forma parte do gran complexo intermodal que se está a desenvolver na rúa de Urzaiz e que se completa coa terminal de ferrocarril e o centro comercial Vialia.

Feijóo lembrou que a Xunta, o Concello de Vigo e o Adif concretaron o mes pasado a coordinación dos traballos para sincronizar a execución de forma simultánea da estación de autobuses coa do centro Vialia e coa dos accesos.

Ademais, acondicionarase a praza de acceso que estará dotada dunha zona de taxis, de espazos de parada para coches e dunha entrada e saída directa dos autobuses á zona de dársenas.“En definitiva, estamos traballando nunha interesante infraestrutura que vai mudar, sen ningunha dúbida, a relación dos galegos cos medios públicos de transporte”, dixo.

Leer más:  La reforma de la Avenida de Madrid de Vigo ha sido autorizada por Patrimonio luego de que el Ayuntamiento la solicitara en marzo

En canto ao estado das estacións intermodais, Santiago e Ourense atópanse xa en obras; en Vigo, está xa en execución o centro Vialia e a licitación da estación de autobuses realizarase nas primeiras semanas do vindeiro mes de xaneiro. No caso de Pontevedra, as obras licitaranse tamén nas primeiras semanas de xaneiro e, no caso da Coruña, onde os traballos comezaron ao mesmo tempo, acumúlase un retraso derivado do cambio de criterio do Concello sobre o modelo de estación, que obrigou a contratar un novo proxecto construtivo que se fixo este mesmo mes.“En Lugo nós temos presentada a nosa proposta, o Adif e o Concello de Lugo están pendentes de asinar o convenio para que a Xunta de Galicia poida licitar o proxecto construtivo da estación de autobuses. No caso de Ferrol, estamos a realizar un estudo de alternativas para a estación intermodal que presentaremos ao Adif”, asegurou.


- Te recomendamos -