Inicio Galicia A Xunta garante ao Concello de Viveiro a súa colaboración para paliar...

A Xunta garante ao Concello de Viveiro a súa colaboración para paliar os danos dunhas chuvias extraordinarias e cunha probabilidade de producirse cada 500 anos

0

Vázquez Mourelle confirma que a situación máis improbable que se podía dar chegou da man dun fenómeno absolutamente extraordinario, con consecuencias dramáticas, nunha zona catalogada como de risco potencial de inundación


A Xunta de Galicia garante ao Concello de Viveiro a súa colaboración para paliar os danos dunhas chuvias extraordinarias e cunha probabilidade de producirse cada 500 anos.

Así o trasladou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na visita realizada hoxe ao municipio de Viveiro, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, para supervisar os traballos que o seu departamento está a realizar desde a mañá do luns co obxectivo de paliar e reparar os danos causados polas chuvias torrenciais, e abordar os mesmos coa alcaldesa, María Loureiro.

Vázquez Mourelle confirmaba hoxe en Viveiro que a situación máis improbable que se podía dar chegou da man dun fenómeno absolutamente extraordinario, con consecuencias dramáticas, nunha zona catalogada como de risco potencial de inundación.

Segundo explicou a conselleira, a intensidade, a forza e a velocidade de baixada da auga arrincaron as árbores e os técnicos de Augas de Galicia aseguran que unha maior limpeza do río non tería evitado o sucedido.

Leer más:  Aceptar pagar multa por agredir sexualmente a una mujer en su domicilio, al que acudió a reparar la instalación de gas

Indicou que os traballos actuais da Xunta se centran no urxente, co obxectivo prioritario de asegurar que nestes días non se reproduzan os mesmos problemas e explicou que o Executivo autonómico colaborará co Concello nas tarefas no treito urbano da zona baixa da Xunqueira, onde están as vivendas e os comercios afectados.

Avanzou que o Goberno galego reforzará a colaboración co Concello mediante a disposición dun novo equipo de Augas de Galicia.

Sinalou que a Xunta e o Concello coinciden en que o deber agora é o traballo de limpeza e asistencia aos afectados, e que se teñen que avaliar os danos e, en función diso, incidiu, continuar actuando para colaborar con eles.

Referiuse a importancia de analizar entre todos o acontecido e reflexionar conxuntamente para intentar poñer os medios que sexa posible para tratar de evitar que se produzan problemas desta magnitude, tendo en conta as condicións desta bacía e o contexto de cambio climático. E reiterou ao concello a total disposición da Xunta a colaborar desde o coñecemento técnico de Augas de Galicia para adoptar as medidas que se consideren necesarias de cara ao futuro.

Leer más:  Un hombre de 64 años fallece luego de desplomarse mientras montaba en bicicleta en Lalín (Pontevedra)

Ethel Vázquez lembrou tamén que desde o primeiro momento o Goberno galego se puxo á disposición do Concello de Viveiro para axudar e mobilizou os medios de emerxencias. No caso concreto do departamento de Infraestruturas da Xunta, dixo que está operativo un dispositivo de 15 operarios do servizo de conservación de estradas da Axencia Galega de Infraestruturas, que xa teñen reposto a normalidade nas vías autonómicas, e agora están a colaborar co concello na limpeza de vías municipais. Tamén están a disposición un equipo de Augas de Galicia que continúa a traballar sobre o terreo.


- Te recomendamos -