Inicio Galicia A Xunta fomenta a diversificación do sector agroalimentario e apoia en Sarria...

A Xunta fomenta a diversificación do sector agroalimentario e apoia en Sarria a unha empresa de comercialización de castañas

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, visitou a compañía Lemos y Balboa, que ampliou as súas instalacións e adquiriu nova maquinaria con axudas da Consellería do Medio Rural


A Consellería do Medio Rural fomenta a diversificación do sector agroalimentario galego con axudas dirixidas a apoiar investimentos en materia de transformación, comercialización e desenvolvemento de distintos produtos agrícolas.

Un exemplo destes apoios é o da empresa Lemos y Taboada, en Sarria, que desenvolve a súa actividade na comercialización de castañas, un froito típico e característico da montaña lucense, na que existen importantes extensións de soutos.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, visitou as instalacións desta compañía que recibiu unha achega autonómica, ao abeiro desta orde de axudas, por valor de 372.000 euros.

As actuacións subvencionables consistiron na compra e urbanización dun terreo de 7.119 metros cadrados no acceso ao polígono industrial de Morelle, construción dunha superficie cuberta e adquisición de diversa maquinaria e equipamento. O investimento global apoiado superou os 941.000 euros.

Entre o novo equipamento adquirido atópase maquinaria precisa para o preparado comercial da castaña: distintas liñas de calibración, esterilización, escollido e secado, así como sistemas para pesar o produto e envasalo, equipos informáticos e distinto material de transporte.

Leer más:  El PPdeG solicitará en el Parlamento que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para administrar el litoral

O delegado territorial lembrou que Lugo é a provincia galega que máis se beneficia das axudas que, cada ano, a Xunta convoca en apoio das empresas de transformación e comercialización de produtos agrarios, o que dá mostra da fortaleza e do peso específico do sector agroalimentario na provincia. De feito, en 2017, a Xunta apoiou a máis dunha trintena de empresas lucenses con axudas por importe de 10 millóns de euros e un investimento mobilizado que supera os 29 millóns de euros.


- Te recomendamos -