Inicio Galicia A Comisión Organizadora do Xacobeo 21 dálle o visto e prace ao...

A Comisión Organizadora do Xacobeo 21 dálle o visto e prace ao proxecto de decreto polo que se regula a utilización da marca

0

O pleno deste órgano, presidido hoxe polo conselleiro Román Rodríguez, tamén aprobou as liñas que se empregarán para a elaboración do Plan estratéxico 


O Pleno da Comisión Organizadora do vindeiro Ano Santo acaba de aprobar por unanimidade o proxecto de decreto polo que se regula a utilización da marca Xacobeo 2021, co fin de que mañá xoves poida someterse a aprobación do Consello da Xunta de Galicia. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu hoxe esta reunión, na que trasladou a necesidade de regular canto antes a aplicación práctica da marca toda vez que xa está activado o programa de beneficios fiscais para empresas e particulares.

A través deste proxecto de decreto apróbase, no marco da Comunidade galega, o manual de identidade gráfica que establece os principios básicos que se aplicarán a toda a gama de produtos de comunicación da marca Xacobeo 2021 en Galicia. Este documento –que vai dirixido a todos os sectores públicos ou privados, implicados directa ou indirectamente e interesados en comunicar o nome da marca– enmárcase no manual de uso de marca aprobado pola Comisión Executiva do Consejo Jacobeo o pasado 6 de novembro. O que se busca é ordenar a utilización da marca, xerando así identidade e coherencia na comunicación, o que favorecerá que sexa facilmente recoñecible por toda a sociedade. Cómpre lembrar que a identidade se constrúe ao redor de dous elementos clave: a cuncha da vieira e un logotipo deseñado con letras personalizadas.

Leer más:  El gobierno se muestra "contento" de que finalmente estén disponibles los billetes de trenes Avril y critica que la Xunta no haya celebrado la noticia

Ademais do visto e prace a este texto normativo, o pleno tamén aprobou por unanimidade as liñas estratéxicas que articularán o plan conxunto de Galicia para o Ano Santo. Ambos os dous asuntos xa foran expostos o pasado 13 de novembro na Comisión Executiva deste órgano.

Participantes do PlenoCómpre lembrar que a presidencia do Pleno da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021 recae no presidente da Xunta. Así mesmo, está conformado por varios membros do Goberno galego pertencentes ás consellerías de Cultura e Turismo, Presidencia, Facenda, Política Social e Infraestruturas e Mobilidade; así como representantes da Delegación do Goberno en Galicia, do Arcebispado de Santiago, do Concello compostelán e da Fegamp, en representación dos concellos de Galicia polos que pasan os Camiños de Santiago.  


- Te recomendamos -