Inicio Galicia A Xunta financia integramente a mellora da iluminación pública en catro núcleos...

A Xunta financia integramente a mellora da iluminación pública en catro núcleos de Xermade, que suporá un aforro enerxético do 65%

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o Goberno galego inviste 61.600 euros no municipio en varias medidas de coidado ambiental

Xermade (Lugo), 1 de outubro de 2018.- A Xunta de Galicia inviste 61.600 euros no concello de Xermade en diversos proxectos de mellora e coidado medioambiental, entre os que destaca a reforma da iluminación pública nos núcleos de San Martiño, O Chao, O Empalme e O Feal.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que as actuacións están dirixidas a mellorar a seguridade e a eficiencia das instalacións, e lograrán un aforro estimado de máis do 65% no custo enerxético.

A proposta consiste na substitución das luminarias por outras de tipo LED, que presentan idénticas ou superiores prestacións lumínicas, teñen máis vida útil e reducen o consumo, así como na disposición de sistemas de encendido baseados no reloxo astronómico e de regulación para cada punto de luz.

O delegado sinalou que estas achegas da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proceden da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental e tamén servirán para financiar o reforzo do servizo de medio ambiente municipal con medios e persoal.

Leer más:  Académicos promueven un foro con el objetivo de convertir Galicia en una "región industrial avanzada, competitiva y descarbonizada"

Así, a Consellería sufraga a contratación dun técnico de medio ambiente e urbanismo para a redacción de proxectos relacionados coa conservación do medio ambiente natural degradado e para a emisión de informes orientados á prevención e situacións de risco ambiental e natural.

Igualmente, costea a adquisición dun tractor cortacéspede cun recolledor de 500 libros para realizar o mantemento e limpeza de zonas verdes e espazos de especial protección, ubicadas algunhas delas en solo da rede Natura. 


- Te recomendamos -