Inicio Galicia A Xunta facilita o ocio activo e a conciliación familiar a través...

A Xunta facilita o ocio activo e a conciliación familiar a través dun campamento de verán xuvenil que se celebra en Palas de Rei

0

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, visitou hoxe aos 60 mozos e mozas de entre 14 e 16 anos de idade que están a participar nesta actividade

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, pasou parte da xornada de hoxe cos participantes no campamento xuvenil ‘Os Chacotes’, que se celebra no municipio lucense de Palas de Rei. Un grupo de 60 rapaces e rapazas entre os 14 e os 16 anos de idade comparten experiencias e desfrutan de actividades de multiaventura durante os 12 días nos que se desenvolve esta acción enmarcada na Campaña de Verán 2018 da Xunta de Galicia.

Cecilia Vázquez destacou da visita o amplo abano de actividades que están a realizar estes mozos e mozas: BTT, escalada en rocódromo, orientación, tiro con arco, kaiak, piscina, paint ball ou carreiras de orientación, entre outras. Polas diferentes quendas deste campamento pasarán ao longo desta tempada estival un total de 240 persoas.

A titular do departamento autonómico salientou que, de novo, a Campaña de verán da Xunta “volve ser un referente en España, ofrecendo á xente nova non só de Galicia senón tamén doutras rexións e mesmo do estranxeiro unha atractiva programación que converte a nosa comunidade nun destino preferente nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro”. Nesta liña, engadiu que a oferta de verán que propón a Xunta ten como finalidade que “a mocidade desfrute participando en actividades de ocio e tamén formativas na procura de que o verán sexa un tempo para divertirse e tamén para o enriquecemento persoal”.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

Os campamentos organizados nas instalacións xuvenís da Xunta para menores entre os 9 e os 17 anos de idade ofertan 6483 prazas nun total de 24 albergues e instalacións distribuídos por toda a xeografía galega. Dentro destes campamentos organízanse actividades de ocio educativo e de diferentes temáticas, como actividades náuticas, coñecemento do medio natural, dramatización e expresión cultural, xogos tradicionais ou deportes de multiaventura, entre outras.

Tamén se ofertan outras 315 prazas para que rapaces e rapazas galegos poidan participar en campamentos de intercambio con outras comunidades, concretamente no País Vasco, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid e Cantabria. A xente nova destas rexións de España tamén poderán vir a Galicia para participar nos nosos campamentos. Así mesmo, e como vén sendo habitual nas últimas convocatorias, resérvanse 230 prazas para facilitar a participación de descendentes de emigrantes galegos.

Os campamentos de verán forman parte da Campaña de Verán ‘Vive a túa aventura’, na que se ofertan un total de 9870 prazas, 298 máis que na anterior edición. A Xunta inviste 3,2 millóns de euros –un 8% máis respecto ao orzamento de 2017- neste programa que segue a ser un referente a nivel de todo o Estado, ademais dun recurso de conciliación estival e de ocio educativo de primeiro nivel. 

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -