Inicio Galicia A Xunta é a primeira administración española que lanza unha convocatoria para...

A Xunta é a primeira administración española que lanza unha convocatoria para impulsar a creación de Hubs de innovación dixital, un novo paso para fortalecer o sistema de I+D+i de Galicia

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe tanto as bases reguladoras como a convocatoria, de concorrencia competitiva, que estará aberta desde mañá e ata o 1 de febreiro

A Xunta dá un novo paso para fortalecer o sistema de I+D+i de Galicia coa publicación, hoxe no Diario Oficial de Galicia, da primeira edición para impulsar a creación de Hubs de innovación dixital. Deste xeito, convértese na primeira Administración española en realizar unha convocatoria específica para poñer en marcha esta nova iniciativa.

Os Hubs de innovación dixital son unha nova ferramenta contemplada na Iniciativa Europea de Dixitalización Industrial para lograr que a innovación dixital poida ás empresas. Permitirán aliñar, de xeito eficiente, o coñecemento coas necesidades do tecido empresarial e os mercados facilitando, á súa vez, que a industria e as pemes poidan incorporar e integrar na súa estratexia de negocio diferentes servizos de innovación e tecnoloxías.

No caso do modelo galego de Hubs, as bases da convocatoria -de concorrencia competitiva- contemplan como requisitos mínimos que as agrupacións que os promovan conten cunha entidade representante da oferta, outra da demanda e outra da transferencia e que algunha empresa tractora forme parte desta alianza. A iniciativa que se presente deberá estar orientada, como mínimo, a dúas cadeas de valor para Galicia no marco da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) e cubrir a I+D de tecnoloxías de tipo disruptivo cun importante potencial para a industria galega. Ademais, aínda que o seu ámbito de actuación será rexional, búscase a súa operatividade nun contexto interrexional de cooperación e que o traballo desenvolvido teña impacto, por tanto, na rede europea de hubs, coa finalidade de que a economía galega poida gañar tamaño e presenza na contorna europea.

Leer más:  Un hombre mata a cuchilladas a su cuñado en plena calle en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) y se da a la fuga

As solicitudes poderán presentarse por calquera das entidades promotoras do Hub, desde mañá e ata o 1 de febreiro. A valoración realizarase en base a criterios relacionados coa visión estratéxica, a proposta operativa e a capacidade técnica tendo sempre presente a súa contribución no avance da RIS3.

A selección dun proxecto de Hub resultante desta convocatoria suporá o recoñecemento por parte da Administración galega do seu carácter estratéxico, que será o requisito necesario para o acceso aos instrumentos de apoio público que se porán en marcha e que se concretan, en 2019, no acceso á capacitación e financiamento das actuacións necesarias para a súa posta en marcha a través da sinatura de convenios; e a partir de 2020 con financiamento á súa actividade, xa sexa a través de proxectos de I+D+i, servizos para pemes ou infraestruturas. O seu acceso estará sempre condicionado ao cumprimento de requisitos específicos xa que o obxectivo é crear modelos de negocio sostibles.

Coa posta en marcha desta nova ferramenta, para a que Europa reserva 300M€ no período 2018-2020, Galicia agarda dar un paso máis na súa transformación dixital e posicionarse nunha situación de vantaxe competitiva no mercado global da economía do coñecemento. A Comunidade gañará en competitividade, creará emprego cualificado e incrementará o peso da actividade industrial sobre o PIB galego, a través deste modelo colaborativo aberto, e participativo, no que as empresas terán un papel protagonista. Hai que salientar que para o período 2021-2027, Europa contará cun programa específico para financiar todo o que ten que ver co eido dixital, Digital Europe, dotado con preto de 9200M€.

Leer más:  En 2023, el número de personas con dependencia en Galicia baja a 111.929, lo que representa un 4,2% de la población

As alianzas creadas en torno aos Hubs posibilitarán que o coñecemento dea resposta ás necesidades do tecido produtivo. Este será o que marque os retos e o sistema de innovación dará as respostas e solucións para incorporar as novas tecnoloxías nas estratexias das pemes. Así, cada participante poderá extraer beneficios específicos: maior competitividade para a o tecido industrial grazas a novas tecnoloxías adaptadas ás súas necesidades; oportunidades de negocio e potencial exportador para os provedores tecnolóxicos que desenvolvan os novos produtos; e oportunidades de valorización do coñecemento xerado nos centros tecnolóxicos e de I+D+i.

Manifestacións de intereseCoa publicación da convocatoria, o Goberno galego avanza cara a implantación deste novo modelo colaborativo tras a súa inclusión como ferramenta estratéxica no Plan Galicia Innova.

As bases definíronse tras as oito manifestacións de interese recibidas no anuncio realizado no mes de agosto con propostas lideradas pola Asociación para o Fomento da Investigación Cerámica en Galicia (Aficega), Asociación Clúster Naval Galego (Aclunaga), Fundación Clúster Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA), Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime), Clúster TIC Galicia, Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e Clúster Saúde Galicia (CSG).

Leer más:  La pensión media en Galicia aumenta un 5,15% en abril, llegando a los 1.072 euros, aunque es 180 euros menor que la media nacional

- Te recomendamos -