Inicio Galicia A Xunta e a Fundación Ronsel potencian a inclusión sociolaboral grazas ás...

A Xunta e a Fundación Ronsel potencian a inclusión sociolaboral grazas ás axudas a entidades de iniciativa social

0

A Administración autonómica inviste máis de 100.000 euros en 2017 e 2018 para a realización de actividades centradas na elaboración de itinerarios personalizados e asesoramento técnico especializado en estranxeiría

O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, coñeceu hoxe de primeira man as instalacións nas que desenvolve a actividade a Fundación Ronsel, entidade de carácter benéfico e docente que ten por obxectivo mellorar a formación e as oportunidades de acceso ao emprego das persoas más necesitadas e en situación de desemprego.

A visita serviu para coñecer polo miúdo as accións que esta entidade realiza ao abeiro do Plan Galego de Inclusión Social e grazas á orde de axudas a entidades de iniciativa social. Neste sentido, a Consellería de Política Social mantén abertas varias liñas de colaboración con esta fundación centradas na elaboración de itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral e asesoramento técnico especializado en estranxeiría para mozos e mozas en risco de exclusión. A Xunta inviste 106.002,74 euros no período 2017-2018 para a realización destas accións.

Leer más:  La Diputación de Pontevedra rechaza a Sánchez en una sesión en la que el PSOE abandonó acusando al PP de ser "peones de Feijóo"

Así mesmo, a dirección da Fundación trasladou ao director xeral o balance de actividades realizadas no pasado 2017.

O responsable do departamento autonómico de Inclusión Social encomiou o traballo que realizan entidades como a Fundación Ronsel “na procura de que as persoas máis vulnerables e en risco de exclusión teñan novas oportunidades para acceder ou volver ao mercado laboral e así mellorar as súa situación”.

O titular do departamento autonómico aseverou que a Xunta seguirá a traballar en prol das persoas e familias máis vulnerables con políticas activas de apoio e integración, como o Plan de Inclusión, cofinanciado parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Así mesmo, seguirase reforzando a orde de axudas a entidades de iniciativa social. De feito o importe desta orde multiplicouse por dous nas últimas tres convocatorias ata acadar na actualidade os 10 millóns de euros. E, ademais, traballarase no eido da inclusión a través da aplicación das medidas recollidas na Axenda Social de Galicia, instrumento para combater a pobreza e a exclusión consensuado cos concellos e as entidades sociais. 

Leer más:  Dos jóvenes fueron detenidos por vender drogas a las puertas de un instituto de Pontevedra

- Te recomendamos -