Inicio Galicia A Xunta destina máis de 70.000 euros á mellora do patio do...

A Xunta destina máis de 70.000 euros á mellora do patio do CEIP Manuel Sieiro (Crecente)

0

O director xeral de Centros e o delegado da Xunta en Pontevedra visitaron esta mañá as renovadas instalacións

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional destinou máis de 70.000 euros a renovar o patio do CEIP Manuel Sieiro, da localidade pontevedresa de Crecente, unhas obras que poñen solución aos problemas que producía o deterioro do pavimento. A nova pavimentación consistiu na construción de soleiras de formigón armado de 12 centímetros de espesor medio, con mallazo e reforzado con fibra de polietileno. O acabado é pulido e incorpora cuarzo para contribuír a unha maior lonxevidade do pavimento.

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería, José Manuel Pinal, o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o xefe territorial da Consellería na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares; visitaron hoxe este centro para comprobar o resultado da intervención que, como afirmaron, contribuirá a mellorar o benestar da comunidade educativa, que dispón agora dun amplo espazo no exterior do centro para o recreo e a práctica de actividades deportivas. Non en balde, a actuación incluíu a marcaxe de listas deportivas con pintura especial para campos de xogos, así como a instalación de medios auxiliares para a práctica de deportes coma o baloncesto.

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

Esta actuación eleva a arredor de 200.000 euros o investimento realizado por parte da Consellería neste centro en materia de obras desde 2009. O CEIP Manuel Sieiro é ademais un colexio moi activo no relativo a programas educativos. De feito, está incluído no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), desenvolve a iniciativa Radio na Biblio, conta con sección bilingüe e participa en varias liñas de actuación dos contratos-programa. 


- Te recomendamos -