Inicio Galicia A Xunta destaca que a Business Factory Auto marca un modelo a...

A Xunta destaca que a Business Factory Auto marca un modelo a seguir para sectores como o aeronáutico ou o biotecnolóxico

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, pon en valor o emprendemento, a innovación, a internacionalización e a competitividade como claves do éxito desta aceleradora durante a entrega de diplomas aos participantes da segunda edición

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe que a Business Factory Auto (BFA), na que colaboran PSA, CEAGA, o Consorcio Zona Franca e a Xunta, está a marcar o modelo a seguir por parte doutros sectores como o aeronáutico ou o biotecnolóxico, nos que a Administración autonómica tamén está a apoiar a posta en marcha de dúas aceleradoras de proxectos para atraer innovación cara á industria.

Durante a entrega dos diplomas aos participantes na segunda convocatoria, ademais do factor innovador, Conde apuntou ao emprendemento, a internacionalización e a competitividade como claves do éxito da BFA, destacando a implicación de todas as partes que colaboran na mesma, empezando pola súa empresa tractora, PSA; pasando polas empresas de compoñentes, con CEAGA á cabeza; ademais do Consorcio Zona Franca de Vigo e a propia Xunta. O conselleiro sinalou ademais que a BFA é un grande exemplo de colaboración entre pequenas e grandes empresas do sector, que exercen como titoras en todo o proceso. Ao respecto, apuntou que o 80% dos proxectos en fase de aceleración están realizando pilotos en empresas do sector.

Leer más:  Detenido en A Illa (Pontevedra) el supuesto autor del crimen a cuchilladas de su cuñado en Vilagarcía

Conde, que incidiu en que moitos dos proxectos que pasan por esta aceleradora están contribuíndo a cubrir ocos na cadea de valor do sector, asegurou que desde que se puxo en marcha xa se crearon 22 novas empresas que levan xerado 150 postos de traballo, facturando máis de 10 millóns a peche de ano. Ademais, un 30% das empresas xa exporta a súa tecnoloxía ou servizos a outros países. Hoxe comeza a terceira edición, cun récord de proxectos inscritos, un total de 62 de 9 países, o que a converte na edición con máis proxección internacional. Isto, segundo Conde, é unha mostra de que esta aceleradora se consolida como un referente no ecosistema de startups vinculadas ao sector da automoción. Tras a selección, hoxe botan a andar 10 proxectos seleccionados para a fase de aceleración e outros 10 que van iniciar a etapa de consolidación. Entre os proxectos que participan atópanse un de Dubái e outro de Alemaña. Na súa intervención, o conselleiro puxo de relevo que todos e cada un dos proxectos que levan pasado por esta aceleradora buscan ser unha alternativa no mercado, apostando pola diferenciación, a innovación e a creatividade.  

Leer más:  Detenido un varón acusado de más de diez robos con fuerza en establecimientos comerciales de Ourense

- Te recomendamos -