Inicio Galicia A Xunta destaca o traballo pola inclusión e de concienciación que realizan...

A Xunta destaca o traballo pola inclusión e de concienciación que realizan as entidades sociais no ámbito da discapacidade

0

Destínanse 106 millóns de euros dos orzamentos de 2019 para a atención ás persoas con distintas capacidades, un 63% máis que hai nove anos

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, enxalzou hoxe o traballo pola plena inclusión que realizan as entidades que integran a Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Fademga). Fíxoo na clausura do terceiro Foro de Familias organizado por esta entidade centrado na participación e nos retos de futuro que ten por diante este colectivo.

Durante o evento, Ildefonso de la Campa destacou a importancia que teñen estas actividades, xa que permiten ao tecido asociativo e ás propias familias compartir ideas e experiencias. Tamén apuntou que son necesarias para avanzar informar, concienciar e sensibilizar ao conxunto da sociedade sobre a discapacidade.

Nesta liña, garantiu a continuidade do apoio da Xunta a Fademga e ao resto de entidades que actúan neste ámbito na procura de avanzar na mellora da calidade de vida das persoas con distintas capacidades. Este compromiso está recollido nos 106 millóns de euros que se destinan a área de discapacidade nos orzamentos de 2019, un 63% máis que hai nove anos.

Leer más:  La Diputación de Pontevedra rechaza a Sánchez en una sesión en la que el PSOE abandonó acusando al PP de ser "peones de Feijóo"

Xornada sobre enfermidades neuromuscularesPor outra banda, o director xeral tamén participou esta mañá en Santiago de Compostela na apertura da xornada sobre enfermidades neuromusculares organizadas por ASEM Galicia coa colaboración da Consellería de Política Social. De la Campa enmarcou este evento, dirixido a profesionais da saúde e público en xeral, na aposta pola divulgación, o coñecemento e a investigación sobre este tipo de patoloxías e as súas repercusións.


- Te recomendamos -