Inicio Galicia A Xunta destaca o esforzo da empresa das Neves Maderas Vial por...

A Xunta destaca o esforzo da empresa das Neves Maderas Vial por recuperar o emprego e a actividade industrial

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, visitou hoxe a compañía, que conta cunha axuda de 600.000 euros para paliar os danos provocados polo lume do pasado outono

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, destacou hoxe nunha visita ás instalacións de Maderas Vial, no concello pontevedrés das Neves, o esforzo desta empresa por recuperar a súa actividade tras os danos provocados polo lume no pasado outono, para o que conta cunha axuda da Xunta de 600.000 euros.

No marco dos apoios aprobados pola Administración autonómica para paliar os efectos da vaga de incendios de mediados de outubro do ano pasado, a Consellería de Economía, Emprego e Industria abriu unha convocatoria de axudas dirixida á execución de obras de recuperación e reconstrución de establecementos comerciais, mercantís e industriais afectados, con ata 600.000 euros por compañía. Nesta convocatoria concedéronse en total apoios por preto de 2 millóns de euros.

Maderas Vial é un serradoiro de envases e preparación industrial da madeira. Debido aos incendios, tiveron importantes danos tanto no establecemento (nave central, maquinaria de proceso e secadoiro) como nas propias existencias de produto.

Leer más:  El 97% de los estudiantes que comienzan el colegio consiguieron una plaza en el centro educativo que habían elegido como su primera opción

Na visita, o director de Xera tivo a oportunidade de coñecer o proxecto de reconstrución do serradoiro que prevé emprender a compañía, co que se busca recuperar o emprego e manter o fluxo de compra de madeira na zona.  


- Te recomendamos -