Inicio Galicia A Xunta destaca a importancia do sector forestal na entrega do Premio...

A Xunta destaca a importancia do sector forestal na entrega do Premio ao Proxecto Innovador Forestal da Cámara de Comercio

0

O vicepresidente, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Medio Rural, José González, insistiron na necesidade da innovación para o avance dun sector que dá emprego a 80.000 persoas en Galicia

A Xunta de Galicia destacou hoxe a importancia do sector forestal, que en Galicia emprega a unhas 80.000 persoas e que supón case o 2% do PIB autonómico. Foi durante acto de entrega do II Premio Cámara de Comercio ao Proxecto Innovador Forestal celebrado en Pontevedra, ao que asistiron o vicepresidente, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Medio Rural, José González.

O galardón está incluído dentro do Plan Social impulsado pola Xunta de Galicia coa empresa Ence e ten unha dotación de 5.000 euros para o primeiro premio e de 2.000 para o accesit. O Plan Social plasma un compromiso coa cidade de Pontevedra e contempla axudas a colectivos, asociacións e clubs por valor de 180 millóns de euros, ademais de 15 millóns para a mellora do saneamento na ría ou 5 para a recuperación do Pazo de Lourizán.

Rueda sinalou a importancia de facer cidade con este tipo de iniciativas e defendeu a necesidade de apostar pola innovación para que o sector avance e se modernice. Ademais, destacou o valor dos catro finalistas e o poder de Galicia como novena potencia forestal europea.

Leer más:  La exposición dedicada a la carrera de Roberto Verino finaliza con el diseñador elogiando el papel de las mujeres

Pola súa banda, o conselleiro do Medio Rural, José González, tamén destacou a relevancia do sector forestal en Galicia e lembrou que este eido produtivo tivo un crecemento sostido da facturación nos últimos anos, que só neste 2018 vai estar entre o 5 e o 8%. A maiores, indicou que no 2017 rexistrouse un volume récord de corta de madeira en Galicia, con 8,5 millóns de metros cúbicos.

Ademais, sinalou que a vaga de incendios forestais do pasado ano provocou unha profunda reflexión sobre este problema que se plasmou na creación dunha comisión parlamentaria de estudo. Dela xurdiu un ditame que contou co apoio de tres cuartas partes do Parlamento e que a Xunta –dixo o conselleiro– está a aplicar en diferentes aspectos. Así mesmo, José González recordou que precisamente quedou constituído recentemente o grupo de expertos que se encargará de mellorar o servizo de loita contra os incendios e o reforzo da colaboración con outras administracións con competencias na materia, en particular cos concellos.

Así, entre as súas recomendacións que se están poñendo en práctica están a aposta pola ordenación forestal, o compromiso de impulsar os Plans de Ordenación dos Recursos Forestais (PORF) ou o fomento da certificación forestal. Contémplase, así mesmo, a realización dun inventario forestal propio de Galicia e a regulación do silvicultor activo.

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

- Te recomendamos -