Inicio Galicia A Xunta destaca a importancia de Xantar na Casa para garantir a...

A Xunta destaca a importancia de Xantar na Casa para garantir a alimentación equilibrada das persoas maiores que viven soas

0

Na actualidade un total de 160 concellos de toda Galicia están adheridos a este programa do que se benefician máis de 1330 persoas usuarias, principalmente persoas maiores e dependentes


Santiago, 25 de setembro de 2018.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, encargouse de clausurar o III Foro Xantar na Casa que ao longo desta mañá reuniu no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia a representantes de corporacións locais e técnicos dos servizos sociocomunitarios. O obxectivo deste encontro, inaugurado polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e do Benestar, Perfecto Rodríguez, foi o de avanzar na mellora desta prestación e intercambiar experiencias sobre este servizo que impulsa a Xunta.

Na súa intervención, o conselleiro indicou que na actualidade son 160 os concellos que participan neste programa con máis de 1330 persoas usuarias. Xantar na Casa púxose en marcha no 2008 en 83 concellos das catro provincias galegas, aumentando progresivamente o número deles e sendo os últimos en entrar os de Camariñas, Silleda, Ribeira de Piquín, Muras e Ames. Ademais, o concello de Foz solicitou recentemente o seu ingreso. Así mesmo, nos últimos tres anos, desde a creación da Consellería de Política Social outros 21 concellos pediron ampliación do número máximo de prazas das que poden dispoñer no desenvolvemento deste programa. Estes son: Arzúa, Begonte, Cambre, Mazaricos, Narón, O Carballiño, Quiroga, Touro, Vilagarcía, Barbadás, Cabanas, Carballo, Forcarei, Maside, Rianxo, Vila de Cruces, Vilariño de Conso, Ameiro, Culleredo, Noia e Sada.

Leer más:  Un motorista fallece en un accidente de tráfico en Bande (Ourense)

Rey Varela destacou que Xantar na Casa “chega hoxe a calquera punto de Galicia constituíndo unha tupida rede de carácter social”. Neste sentido, indicou que ademais de facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades dos usuarios, na súa maioría persoas maiores e dependentes, “posibilita que estas permanezan no seu domicilio e na súa contorna comunitaria, tal e como é o seu desexo”. Así mesmo, apuntou que esta iniciativa tamén permite detectar situacións de necesidade ou emerxencia que doutro xeito serían difíciles de coñecer.

O conselleiro avogou por continuar afondando na colaboración e coordinación entre Xunta e concellos para “poñer a disposición dos nosos maiores as mellores ferramentas que permitan que estes teñan a calidade de vida e o benestar que todos eles merecen”. Neste sentido, referiuse a outros programas que se centran na atención aos maiores nas súas casas como o Servizo de Axuda no Fogar, a Teleasistencia, o programa de voluntariado Acompaño ou o proxecto piloto fogar dixital.

A valoración destes practicamente dez anos que leva funcionando Xantar na Casa é moi positiva, xa que a súa implantación supuxo unha mellora significativa no campo dos servizos sociais de proximidade en Galicia; atención domiciliaria aos usuarios do rural disperso no propio domicilio, concienciando á poboación da necesidade dunha dieta equilibrada e facilita unha axuda ás familias e coidadores. Ademais, outro elemento positivo no funcionamento deste programa é a coordinación que existe entre os responsables do programa nos servizos do Consorcio e os traballadores/as sociais dos respectivos municipios, o que reflicte nunha mellora na rede de servizos sociais comunitarios.

Leer más:  Investigará la causa de la desaparición de una de las torres en el Castro de Elviña durante una campaña arqueológica

- Te recomendamos -