Inicio Galicia A Xunta demanda ao Goberno do Estado accións conxuntas para defender a...

A Xunta demanda ao Goberno do Estado accións conxuntas para defender a actividade industrial e os postos de traballo do grupo Invertaresa en Galicia

0

Lamenta que a ministra de Industria, Reyes Maroto, non amose neste asunto a mesma sensibilidade con Galicia e cos traballadores da empresa na Comunidade que si ten en Castela e León, onde xa se reuniu co comité da factoría de Valladolid e co Goberno autonómico

A Xunta reclama ao Goberno central que teña en conta a Galicia á hora de buscar solucións tras a solicitude realizada por Invertaresa pola vía xudicial na que pide a liquidación das filiais que se integran neste grupo empresarial con 260 empregados, dos que a maioría (170) traballan na nosa Comunidade. A Consellería de Economía, Emprego e Industria remitiu a semana pasada unha carta á ministra de Industria, Reyes Maroto, na que se poñía á súa disposición para manter un encontro e buscar, a través dunha acción coordinada entre todas as administracións, a mellor solución posible co obxectivo final de que se manteñan a actividade produtiva e os postos de traballo.

A Administración galega descoñece os motivos polos que a ministra de Industria non está a ter con Galicia e cos traballadores afectados a mesma sensibilidade que si demostra en Castela e León, onde a semana pasada xa mantivo senllas reunións tanto cos representantes dos traballadores da empresa que a factoría ten en Valladolid como coa conselleira de Economía e Facenda de Castela e León.

Leer más:  Las Xuventudes Socialistas critican que Rueda no haya llegado al máximo en la gratuidad de las matrículas universitarias

Ante esta situación, e tras coñecer a solicitude de liquidación da compañía ante os tribunais, a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta púxose en contacto co Ministerio de Industria o pasado 17 de agosto para defender a necesidade de levar a cabo unha actuación coordinada na que participasen todas as administracións implicadas –é dicir, o Estado e os gobernos de Galicia e Castela e León– para “poder dar unha resposta conxunta aos traballadores do grupo Invertaresa”.

A Xunta ofreceu ao Estado a súa colaboración e propuxo a celebración dun encontro entre as tres administracións para avanzar na procura da mellor solución posible; unha acción conxunta en defensa da actividade industrial e dos postos de traballo da que ata a data non se recibiu resposta por parte do Ministerio.

O grupo Invertaresa, un holding de empresas de capital galego, atópase desde hai dous anos en dificultades para garantir o mantemento da súa actividade e da carga de traballo. Por iso, a Xunta mantivo desde o primeiro momento reunións coa dirección e o comité de empresa; contactos que se intensificaron nas últimas semanas cos representantes dos traballadores. De feito, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten previsto manter un encontro nos próximos días co comité de empresa para tratar de buscar solucións que permitan a continuidade da actividade empresarial e dos postos de traballo en Galicia. 

Leer más:  El PP solicitará al Parlamento gallego que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para la gestión del litoral

- Te recomendamos -