Inicio Galicia A Xunta de Galicia reivindica o papel dos maiores na sociedade durante...

A Xunta de Galicia reivindica o papel dos maiores na sociedade durante o xantar deste colectivo no Concello do Saviñao

0

O compromiso do Goberno galego con este colectivo tradúcese no incremento en máis dun 11% dos orzamentos da área de maiores para 2018 con respecto ao ano pasado, chegando aos 309 millóns de euros

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu hoxe ao xantar dos maiores celebrado no municipio lucense do Saviñao, onde tivo a oportunidade de departir cos asistentes e escoitar as súas necesidades e demandas.

Durante a súa intervención, Rey Varela lembrou a importancia das persoas maiores na construción da sociedade moderna e do benestar de hoxe, engadindo que teñen un papel fundamental no pasado, presente e futuro da nosa comunidade.

O titular autonómico fixo tamén referencia aos múltiples servizos que a Administración galega pon a disposición das persoas maiores para fomentar o envellecemento activo e os hábitos de vida saudables como a mellor maneira de previr situacións de dependencia.

Neste sentido, lembrou que a Xunta incrementou nun 50% as horas de Servizo de Axuda no Fogar no concello, chegando a ofrecer na actualidade un total de 52.392 horas ao ano aos veciños e veciñas da localidade.

Leer más:  Galicia recibe una subvención de 21,4 millones de euros del Gobierno para promover la igualdad de género y combatir la violencia contra las mujeres

Así mesmo, Rey Varela fixo alusión aos programas de benestar en balnearios, mediante o cal se ofertan estadías e tratamento termal para maiores; e xuntos polo Nadal, dirixido a aquelas persoas maiores que se atopan soas durante as datas de Nadal. Trátase de programas que se enmarcan na Estratexia galega de envellecemento activo, que xorde coa vontade de dar resposta ao incremento da esperanza de vida media en Galicia.

O titular da carteira social indicou que o compromiso con este colectivo por parte do Goberno galego ponse de manifesto no incremento en máis dun 11% dos orzamentos da área de maiores para 2018 con respecto ao ano pasado, chegando aos 309 millóns de euros. Unha maior disposición de recursos que, segundo explicou o conselleiro, permite consolidar a rede de prazas residenciais e de atención diúrna, potenciar o Servizo de Axuda no Fogar a Dependentes (SAF) ou ampliar a ratio de atención a persoas dependentes ata situalo na actualidade no 83,5%.


- Te recomendamos -