Inicio Galicia A Xunta de Galicia licita a obra do novo centro de saúde...

A Xunta de Galicia licita a obra do novo centro de saúde do Saviñao por preto de 1,2 millóns de euros

0

Contará cunha superficie construída de preto de750 m2 o que supón un aumento dun 33% respecto á superficie actual

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, licita hoxe a obra para a construción do novo centro de saúde do Saviñao (Lugo). O orzamento previsto é de 1.138.455 euros e o prazo máximo de execución, unha vez adxudicada a obra, é de 12 meses.

O novo centro de saúde do Saviñao pasará de ter unha superficie de 562 m2 ata os 745m2, o que amplía nun 33% o espazo actual. Vaise situar nunha parcela de 2.060 m2 cedida polo Concello ao Servizo Galego de Saúde.

O edificio terá, na área de medicina e enfermería, un total de 6 consultas, das que tres serán de medicina xeral e tres de enfermería, ademais dunha sala de toma de mostras de uso polivalente.

Polo que atinxe á área pediátrica, haberá unha consulta de pediatría e outra de enfermería de pediatría. Ademais das consultas, o novo centro contará con sala de xuntas, á que hai que engadir os espazos para arquivo de historias clínicas, recepción, almacéns, vestiarios, entre outras dependencias. Atenderá a unha poboación dunhas 28.000 tarxetas sanitarias.

Leer más:  El 97% de los estudiantes que comienzan el colegio consiguieron una plaza en el centro educativo que habían elegido como su primera opción

Os pregos do concurso público poden consultarse na plataforma de contratos públicos de Galicia aquí.


- Te recomendamos -