Inicio Galicia A Xunta de Galicia aposta pola formación como vía para acadar a...

A Xunta de Galicia aposta pola formación como vía para acadar a inclusión real e efectiva e mellorar a empregabilidade

0

As credenciais outorgáronse tras a finalización dos cursos de economía familiar, informática e silvicultura ecolóxica para os que a Administración autonómica achegou en total e entre as anualidades de 2017 e 2018 máis de 7300 euros

O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado, acompañado da subdirectora de Enfermería da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Isabel Teyra, participou hoxe na entrega de diplomas aos participantes en diversas accións formativas da Asociación Itínera, que tivo lugar na biblioteca do hospital psiquiátrico de Conxo.

Alí, o titular do departamento autonómico felicitou aos asistentes aos cursos de economía familiar, informática e ao obradoiro de iniciación á silvicultura ecolóxica, todos eles cursos realizados ao abeiro do Plan de Inclusión da Administración autonómica. Parrado destacou a importancia destas formacións como medio para axudar á empregabilidade e para acadar unha inclusión real e efectiva.

O compromiso da administración autonómica cos cursos da Asociación Itínera se reflicte na achega económica que inviste para este fin. Máis polo miúdo, a Xunta investiu 1218 euros no curso de economía familiar, outros 1218 no obradoiro de informática e 4874 euros para a formación en silvicultura ecolóxica. Cómpre destacar que Itínera recibiu 31.271,83 euros ao abeiro da orde de axudas a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas de inclusión.

Leer más:  Dos jóvenes fueron detenidos por vender drogas a las puertas de un instituto de Pontevedra

Ademais, o titular do departamento autonómico aseverou que a Xunta seguirá a traballar en prol das persoas e familias máis vulnerables con políticas activas de apoio e integración, como o Plan de Inclusión, cofinanciado parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Así mesmo, seguirase reforzando a orde de axudas a entidades de iniciativa social. De feito o importe desta orde multiplicouse por dous nas últimas tres convocatorias ata acadar na actualidade os 10 millóns de euros. E, ademais, traballarase no eido da inclusión a través da aplicación das medidas recollidas na Axenda Social de Galicia, instrumento para combater a pobreza e a exclusión consensuado cos concellos e as entidades sociais.

Por último, o director xeral destacou que o Executivo autonómico segue a aumentar os fondos destinados á area de inclusión, sendo o orzamento deste departamento para o presente ano de 115,2 millóns de euros, un 8% máis que no exercicio anterior. 


- Te recomendamos -