Inicio Galicia A Xunta colabora no marco do programa Atenea para a capacitación das...

A Xunta colabora no marco do programa Atenea para a capacitación das mulleres para aumentar a seguridade na internet

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en na presentación do obradoiro ‘Confianza e seguridade das mulleres na Rede’

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación dun obradoiro no marco do Programa ATENEA sobre “Confianza e seguridade das mulleres na Rede”, que pretende capacitar as mulleres para un uso responsable e seguro en Internet, conciencialas dos posibles riscos que se poden atopar nela e darlles unha serie de recomendacións e consellos para previlos. Os talleres teñen como finalidade promover a participación das mulleres na Sociedade da Información, aumentando a súa confianza e seguridade no uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación tendo en conta os posibles riscos que poden atoparse na Internet e incluíndo unha serie de recomendacións e consellos para previlos.

As novas tecnoloxías poden achegar á sociedade no seu conxunto, á poboación en xeral e ás mulleres en particular, múltiples oportunidades e beneficios, non obstante tamén xorden novos riscos. Como en moitos outros ámbitos, as mulleres presentan maior vulnerabilidade a algúns destes riscos: as fendas dixitais de xénero poden dificultar o acceso ao emprego, á formación ou á información en xeral, ou aparecer novos riscos de sufrir violencia de xénero.

Leer más:  Sartorius pide "actuar de manera proactiva" frente a la operación de "hostigamiento" a "la democracia" y confía en que Sánchez "resista"

As sesións desenvolveranse seguindo unha metodoloxía participativa transversalizando o enfoque de xénero en todo o proceso. Realizaranse diferentes actividades co propósito de que as participantes consigan descubrir conceptos básicos sobre a seguridade na rede. Propiciarase a realización de casos prácticos que faciliten a aprendizaxe mediante a reflexión grupal.

Os talleres que hoxe dan comezo en Malpica de Bergantiños, seguirán maña en Raxó, no concello de Poio para a Asociación cultural mulleres do mar de Poio, e o vindeiro 11 de maio terán lugar no multiusos de Arcade-Soutomaior para a Asociación de mariscadoras Virxe do Carme de Arcade. 


- Te recomendamos -