Inicio Galicia A Xunta chama aos concellos da provincia de Pontevedra a implicarse na...

A Xunta chama aos concellos da provincia de Pontevedra a implicarse na elaboración dun Plan de transporte público de Galicia adaptado ás necesidades reais dos veciños

0

Ethel Vázquez avanza xuntanzas concello a concello co obxectivo deacadar uns servizos de autobús que respondan ao que realmente necesitan os veciños


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, convidou hoxe aos concellos da provincia de Pontevedra a súa colaboración activa na elaboración do Plan de Transporte Público de Galicia, para a súa adaptación ás necesidades reais de mobilidade dos veciños.

Vázquez Mourelle, acompañada polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, e do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, informou en Pontevedra sobre a xuntanza cos representantes municipais da provincia, para abordar o proceso a seguir para a transformación do transporte público da Galicia.

Posteriorment, celebrouse en Vigo un encontro similar cos concellos desta área, no que participou Ignacio Maestro xunto co delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.

A titular de Infraestruturas subliñou que este encontros de hoxe marcan o remate das rondas que tamén se celebraron esta semana nas vilas de A Coruña, Lugo e Ourense, para de seguido iniciar o traballo de campo con xuntanzas concello a concello. Engadiu que o obxectivo desta primeira ronda de contactos é obter a máxima implicación e colaboración das Administracións locais e provincial para renovar e modernizar as liñas de transporte por estrada de toda Galicia, como administracións máis próximas aos cidadáns.

Leer más:  Se ha logrado controlar un incendio forestal en Avión (Ourense) que ha afectado aproximadamente 20 hectáreas

A conselleira manifestou o interese da Xunta por coñecer as súas prioridades e propostas, e tratar de xeito conxunto as melloras do transporte público na provincia de cara ao ano 2019, data de caducidade das actuais concesións.

En referencia ao traballo que está a realizar o seu departamento neste ámbito, lembrou o camiño iniciado en agosto de 2017 coa posta en marcha da 1ª fase do Plan de transporte público, que na provincia de Pontevedra abrangueu 166 liñas e 55 concellos, e que permitiu acadar o obxectivo prioritario de que os veciños non estivesen un só día sen transporte. Tamén posibilitou ampliar e mellorar os servizos aos cidadáns, ofrecendo unha mellor cobertura territorial e tarifas máis económicas, en beneficio do peto da xente.

Neste senso, Ethel Vázquez salientou que na provincia de Pontevedra, a 1ª fase do Plan de transporte supuxo multiplicar por 5 o número de paradas, pasando de 519 a 2.472. E engadiu que permitiu poñer en marcha novas modalidades, como as 73 liñas de transporte baixo demanda e as 107 liñas de autobús compartido, que están sendo utilizadas por máis de 3.000 usuarios non escolares cada mes, e que teñen suposto grandes beneficios para os veciños do rural.

Leer más:  En Rianxo (A Coruña) han sido arrestadas dos personas por tráfico de drogas, a quienes les confiscaron cocaína y 7.850 euros

Destacou que agora na 2ª fase do Plan incluiranse a totalidade dos municipios e das liñas de transporte da provincia, 355 liñas de interurbanas que prestan servizo nos 61 municipios, e expresou a súa a confianza de que estes encontros sexan útiles e frutíferos de cara a potenciar a rede de transporte público, ofrecer máis e mellores servizos e facilitar a mobilidade da xente.

A conselleira tamén repasou os pasos que está a dar o Goberno galego, desde que no mes de maio someteu a información pública o documento base do Plan de Transporte Público de Galicia.

Dixo que agora a Xunta continua o proceso de consultas e o traballo de campo, e celebrará reunións individuais con cada un dos 313 concellos de Galicia. Tamén está prevista a realización de enquisas en centros sanitarios, educativos, administrativos e parques empresariais, ademais de estacións e paradas de buses, para coñecer as demandas existentes.

Ethel Vázquez concluíu referindo que nos vindeiros meses se seguirá co proceso de escoita activa e participación continuada, para mellorar os servizos e para que Galicia teña en 2019 un transporte público que responda con eficacia ás demandas da Galicia do Século XXI.  

Leer más:  El incendio en Avión (Ourense) ha sido sofocado después de arrasar aproximadamente 16 hectáreas

- Te recomendamos -