Inicio Galicia A Xunta aúna esforzos co Goberno de España para levar axudas a...

A Xunta aúna esforzos co Goberno de España para levar axudas a máis familias españolas de Venezuela en situación de necesidade

0

O secretario xeral da Emigración reuniu preto de 1.100 persoas na xornada informativa conxunta que dirixiu con Ildefonso de la Campa no Teatro Rosalía de Castro de Caracas


A Xunta de Galicia e o Goberno de España están a aunar esforzos para incrementar as axudas ás familias españolas que se atopan en situación de necesidade. Así o acordaron onte os membros do consello de administración da Fundación España Salud (FES) ao aprobar a posta en marcha do programa alimentario, no que participan as Administración estatais e autonómicas das rexións con maior presenza no país suramericano, como a canaria, a asturiana ou a galega, que solicitou a inclusión desta iniciativa na última reunión deste órgano, celebrada a mediados de marzo.

Esta decisión permitirá ampliar o número de familias, tanto españolas como estritamente galegas, que actualmente son preto 1.500, que reciben apoio económico da Fundación España Salud para superar a complicada situación que atravesan no seu país de destino, Venezuela. A posta en marcha do programa de alimentos amplía os ámbitos de actuación nos que se centrada ata o de agora a institución, volcada nos eidos sanitario e asistencial. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quixo amosar o seu agradecemento aos responsables do organismo por incrementar o número de beneficiarios españois das súas actuacións na república suramericana.

Leer más:  Fallece un hombre de 73 años en Gondomar (Pontevedra) tras sufrir un accidente de tractor

Unha convocatoria que encheu o Teatro RosalíaMiranda e o director xeral de Migraciones do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, Ildefonso de la Campa, visibilizaron, así mesmo, a colaboración entre ambas Administracións en materia de fomento do retorno na xornada informativa que celebraron no Teatro Rosalía de Castro da Hermandad Gallega de Caracas. A convocatoria encheu as instalacións con arredor de 1.100 persoas para coñecer de primeira man tanto as medidas incluídas na Estratexia Retorna 2020 da Xunta de Galicia como as deseñadas polo Goberno de España de cara a facilitar o regreso dos cidadáns españois á súa terra de orixe.

Trátase da segunda ocasión na que o responsable autonómico ofrece unha charla informativa acerca do plan aprobado o pasado mes de abril polo Consello da Xunta co obxectivo de atraer máis de 20.000 galegos nos vindeiros tres anos, dos que máis de 12.000 teñan menos de 45 anos. Este é o reto que guía as 53 medidas deseñadas de xeito transversal polo Goberno galego, e que precisan da colaboración das institucións do Estado español para facilitar tanto a información e o asesoramento como a tramitación de documentación aos galegos residentes no exterior que queiran regresar a Galicia.

Leer más:  La acampada afirma que la USC los ha dejado "como enemigos ante el estudiantado" y aseguran que "no tienen intención de boicotear exámenes"

Máis de 40.000 galegosA galega é a segunda colectividade española máis numerosa no país suramericano, onde actualmente residen 40.226 galegos, só por detrás da canaria. Arredor da metade de todos os galegos que viven na república venezonala están concentrados na zona da capital caraqueña, na que a Hermandad Gallega erixiuse en nexo e punto de encontro e información dos 25.000 socios galegos aos que presta servizo.

Antes da sesión informativa, Miranda e De la Campa mantiveron, ademais, un encontro cos membros do Consejo de Residentes Españoles (CRE) e posteriormente outro coa diretiva da Federación de Centro Españoles de Venezuela (Feceve) para analizar a situación da colectividade.

Visita ao centro de día da HermandadO secretario xeral da Emigración despedirá a súa viaxe a Venezuela, a segunda que leva a cabo este ano, cunha visita ao centro de día da Hermandad Gallega de Caracas e coa asistencia á recepción das Fuerzas Armadas españolas na república venezolana. 


- Te recomendamos -