Inicio Galicia A Xunta aumenta en máis dun 12% as horas dispoñibles do concello...

A Xunta aumenta en máis dun 12% as horas dispoñibles do concello de Lousame para a atención no domicilio de persoas dependentes

0

O novo reforzo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) eleva por riba das 20.800 as horas anuais que ten habilitadas esta localidade coruñesa, que tamén conta cun Punto de Atención á Infancia para o que o Goberno galego achegou en 2017 máis de 26.000 euros para obras de mellora e adecuación das infraestruturas


A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, iniciou esta mañá a rolda de contactos cos rexedores e rexedoras de Galicia para avanzar, desde o consenso e a colaboración, nas liñas de actuación en materia social encamiñadas a atender aos colectivos máis vulnerables e que máis precisan da axuda das administracións públicas. Na xornada de hoxe reuniuse coa alcaldesa de Lousame, María Teresa Villaverde Pais, con quen abordou asuntos de índole social que afectan a esta localidade coruñesa, entre outros a ampliación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Neste sentido, a conselleira lembrou que a Xunta de Galicia incrementou entre 2015 e 2018 as horas de SAF no concello nun 117,79%, o que se traduce en 11.280 horas anuais máis. Deste xeito, os veciños e veciñas da localidade teñen á súa disposición un total de 20.856 horas de servizo. Nesta liña, Fabiola García lembrou que a Xunta traballa para continuar mellorando a calidade de vida das persoas en situación de dependencia con novas medidas que perseguen reducir os prazos de atención simplificar os trámites e mellorar a cobertura dos servizos prestados.

Leer más:  Luis Lago Lage será el encargado de Organización del PSdeG, con la concejala Ana Pena de As Pontes como adjunta

Pero ademais das melloras acaídas neste eido, conselleira e alcaldesa tamén abordaron a situación na que se atopa a atención á infancia e a conciliación. Neste senso, cómpre lembrar que Lousame conta cun punto de atención á infancia municipal de cero a tres anos que oferta 20 prazas e para a que a Xunta achega 9.211 euros ao ano. Ademais, no ano 2017 recibiu axudas para investimento por un importe de 26.118 euros. Este importe destinouse a obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas dos centros de atención á primeira infancia, así como obras novas que melloren a accesibilidade ou doten ao edificio de servizos necesarios; á adquisición e mellora do equipamento do centro, incluída a compra de mobiliario interior e exterior e de materia didáctico e de xogo, e á dotación de conexión a internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula.

Finalmente, Fabiola García e María Teresa Villaverde avanzaron na posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe en Lousame.

Leer más:  El PSdeG propone a Luis Lago Lage para Organización, en una ejecutiva donde Carmela Silva sigue como presidenta

- Te recomendamos -