Inicio Galicia A Xunta apoia a instalación dunha caldeira de biomasa na biblioteca da...

A Xunta apoia a instalación dunha caldeira de biomasa na biblioteca da Pobra de San Xiao, en Láncara

0

O delegado territorial de Lugo explicou que o proxecto está subvencionado nun 80% pola Consellería de Economía, Emprego e Industria

A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia ao Concello de Láncara para levar a cabo un proxecto de enerxías renovables na biblioteca da Pobra de San Xiao. A actuación consiste na instalación dunha caldeira de biomasa que satisfará as necesidades de calefacción e auga quente sanitaria neste centro.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o Goberno galego aporta, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), unha subvención de 8.550 euros, arredor do 80% do custo das obras.

A intervención prevista consiste na substitución da actual caldeira de gasóleo por unha caldeira de ‘pellets’ de 25 kW con sistema de alimentación e limpeza automáticos. Ademais, instalarase un depósito de inercia de 250 litros.

Tendo en conta o consumo actual neste centro, de 1000 litros de gasóleo ao ano, estímase que co novo sistema será posible un aforro económico do 50% anual.

Leer más:  Se ha activado el plan de emergencia por riesgo de inundaciones en Galicia para monitorear el caudal del río Lérez

Esta achega concédese dentro do programa do departamento de Economía, Emprego e Industria para apoiar iniciativas relacionadas coa eficiencia enerxética e coas enerxías renovables en administracións locais, entidades sen ánimo de lucro, comunidades de montes e empresas.


- Te recomendamos -