Inicio Galicia A Xunta anuncia no Diario Oficial da Unión Europea a próxima licitación...

A Xunta anuncia no Diario Oficial da Unión Europea a próxima licitación das obras de ampliación do Arquitecto Marcide

0

Este anuncio previo permitirá reducir os prazos do proceso cando se inicie a contratación dos traballos, acurtando de 35 a 15 días naturais o prazo de presentación de ofertas

A Xunta de Galicia publicou hoxe no Diario Oficial da Unión Europea o anuncio de previo de licitación das obras da fase 1 do Complexo Hospitalario de Ferrol que se corresponden coa ampliación do Hospital Arquitecto Marcide, unha infraestrutura na que a Administración autonómica prevé investir preto de 47 millóns de euros. A publicación deste anuncio previo no boletín oficial comunitario permite reducir os prazos legalmente establecidos cando se inicie o proceso de contratación dos traballos, acurtando desde 35 ata 15 días naturais o prazo para a presentación das ofertas por parte das empresas interesadas. O prazo de duración do contrato establécese en 36 meses.

A ampliación do Hospital Arquitecto Marcide consta de dous novos edificios nas zonas este e sur da parcela. No novo edificio sur, sitúase a nova central de instalación, xerencia, dirección e administración. No novo edificio este, localízanse a cociña, vestiarios, urxencias, farmacia, gabinetes, nefroloxía, hospitalización, pediatría e unidade de coidados intensivos (UCI). As obras previstas no Hospital Naval nesta fase 1 cincunscríbense á reforma de interiores para habilitar os espazos necesarios para o traslado de servizos dende o Hospital Arquitecto Marcide.

Leer más:  La pensión media en Galicia aumenta un 5,15% en abril, llegando a los 1.072 euros, aunque es 180 euros menor que la media nacional

Con este proxecto, o hospital público ferrolán ampliará a súa superficie nun 35%, adaptándose mellor ás necesidades dos usuarios e dos profesionais, que participaron na na redacción do proxecto básico e de execución dos edificios mediante as súas achegas e suxestións. A través desta ampliación, a Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade poñen de manifesto un dobre compromiso: o de que o 100% dos galegos teñan un hospital novo ou reformado na súa área de saúde e o compromiso cos veciños da área sanitaria de Ferrol. 


- Te recomendamos -