Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de mellora do firme en 5 estradas...

A Xunta adxudica as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas na provincia da Coruña, cun investimento de case 583.000 euros

0

Trátase das actuacións de reforzo de firme localizado nas vías AC-406, AC-413, AC- 441, AC-546 e AC-550, ao seu paso polos Concello de concellos de Val do Dubra, Cerceda, Carballo, Santa Comba, Mazaricos, Negreira, A Baña e Cee

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de reforzo de firme en varios treitos de 5 estradas de titularidade autonómica, ao seu paso polos concellos de Val do Dubra, Cerceda, Carballo, Santa Comba, Mazaricos, Negreira, A Baña e Cee.

Trátase das actuacións de reforzo de firme localizado nas estradas AC-406, AC-413, AC- 441, AC-546 e AC-550, e teñen por obxecto mellorar a seguridade viaria e as condicións de confort e comodidade dos usuarios.

Estes traballos, que se prevén iniciar na segunda quincena de outubro se as condicións meteorolóxicas o facilitan, foron adxudicados á empresa Arias Infraestruturas, e contan cun prazo de execución de catro meses desde o seu inicio.

O obxectivo deste contrato é a eliminación parcial e reposición de firme naqueles treitos destas estradas que presentan desgaste nas capas do firme, en función das necesidades particulares de reparación en cada un dos treitos. Ademais, en todas as estradas obxecto de intervención inclúese a reposición da sinalización vertical e horizontal afectada polos traballos. Plan de reforzos de firmesA Xunta, coa execución deste tipo de traballos, continúa co desenvolvemento do Plan de Reforzos de Firme, que nos Orzamentos para 2018 incrementa de modo moi importante a súa dotación de 15 a 20 millóns de euros.

Leer más:  (AM.) Rueda sitúa bajo su dirección a los delegados territoriales y renueva los de A Coruña y Ourense

O Goberno galego segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

O departamento de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias. 


- Te recomendamos -