Inicio Galicia A Policía Autonómica leva a cabo 191 inspeccións para velar polo cumprimento...

A Policía Autonómica leva a cabo 191 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 15 e o 21 de outubro un total de 191 inspeccións de control en 15 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo nesta pasada semana realizáronse 49 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Ames, Baiona, Brión, Lugo, Mondoñedo, O Porriño, Ourense, Pontevedra, Ponteareas, Ribeira, Santiago de Compostela, Teo, Vigo e Zas.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 135 persoas e inspeccionadas 191 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 10 actas de infracción, todas elas por consumo de alcol.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Leer más:  Un hombre resulta herido en Noia (A Coruña) después de ser golpeado en la cabeza por la coz de un caballo

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.


- Te recomendamos -