Inicio Galicia A figura de Domingo Fontán centra a celebración do Día da Ciencia...

A figura de Domingo Fontán centra a celebración do Día da Ciencia en Galicia

0

O secretario xeral de Política Lingüística participou, xunto co presidente do Parlamento, na presentación en Vilaxoán do plano da Ría de Arousa elaborado polo matemático e xeógrafo galego


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán, no Centro Sociocultural e Deportivo de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), na presentación da reprodución facsimilar do plano da Ría de Arousa elaborado en 1828 polo matemático e xeógrafo Domingo Fontán, a quen hoxe se lle rende homenaxe con múltiples actos con motivo do Día da Ciencia en Galicia 2018, a el dedicado.

Valentín García lembrou que “este plano da Ría de Arousa que Teófilo Edicións nos brinda coa primorosa calidade editorial a que nos ten afeitos forma parte da Carta xeométrica de Galicia coa que Domingo Fontán nos puxo na vangarda da cartografía europea empregando métodos científicos e modernos para amosarnos, como dixo Otero Pedrayo, o verdadeiro rostro do país”. O secretario xeral explicou que este logro foi posible porque “Fontán deu combinado unha formación ampla e variada; unha vontade de ferro que lle permitiu dedicar 17 anos a un traballo de campo duro e dificultoso; a complicidade dunha xeración de científicos que aspiraba a poñer o seu coñecemento ao dispor da modernización e mellora da sociedade e un profundo amor por Galicia”.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

No acto de presentación do plano da Ría de Arousa tomaron parte tamén Miguel Ángel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia; Alberto Varela Paz, alcalde de Vilagarcía de Arousa, e José Luis Teófilo Piñeiro, director de Teófilo Edicións.

Día da Ciencia en GaliciaA presentación do plano da Ría de Arousa foi o derradeiro dos actos en que interveu hoxe o secretarío xeral de Política Lingüística con motivo do Día da Ciencia en Galicia, unha xornada que encheu a comunidade de homenaxes a Fontán.

Pola mañá, Valentín García desprazouse ata o CPI de Portas que leva o nome do científico e matemático nacido nesta localidade para participar na entrega ao profesorado e alumnado do centro da unidade didáctica “Domingo Fontán e a Carta geométrica de Galicia”, que elaborou o Consello da Cultura Galega co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Pola tarde, o secretario xeral asistiu ao acto organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) no Pazo de San Roque. Este acto incluíu a conferencia “A obra científica de Domingo Fontán” a cargo do catedrático da Universidade de Santiago Francisco Díaz-Fierros, así como a entrega do Premio Galicia de Periodismo Científico organizado pola RAGC en colaboración coa Consellería de Economía ao xornalista da Radio Galega Manuel Vicente.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

Domingo FontánA RAGC dedícalle este 2018 o Día da Ciencia en Galicia ao matemático, xeógrafo e político Domingo Fontán (Porta do Conde, Portas, 1788 – Cuntis, 1866), coñecido fundamentalmente por ser o autor dun traballo sen precedentes en España, un fito na historia da cartografía peninsular que se converteu en símbolo para Galicia: a súa célebre Carta xeométrica. Trátase do primeiro mapa científico e moderno realizado na península Ibérica, por elaborarse mediante traballo de campo e medicións xeodésicas. O mapa de Fontán sería a base cartográfica para proxectos de ferrocarril e de estradas e fonte para a elaboración doutros mapas.


- Te recomendamos -