Inicio Galicia A dirección xeral de Saúde Pública da Xunta nominada aos premios Best...

A dirección xeral de Saúde Pública da Xunta nominada aos premios Best in Class 2018

0

Os premios Best in Class cumpren este ano a súa decimoterceira edición constituíndo un recoñecemento sanitario de primeiro nivel

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de ser nominada aos premios Best in Class na categoría de Saúde Pública que recoñece a excelencia neste campo da saúde pública e a prevención.

Os premios Best in Class teñen como obxectivo recoñecer publicamente ao mellor centro de atención primaria, o mellor hospital e os mellores servizos e unidade do territorio nacional que buscan a excelencia na atención que prestan aos seus pacientes.

Os premios Best in Class cumpren este ano a súa decimoterceira edición constituíndo un recoñecemento sanitario de primeiro nivel no que a calidade e excelencia da sanidade se refire.

A categoría na que está nominada a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade recoñece os esforzos das comunidades autónomas en diferentes ámbitos da xestión sanitaria, neste caso no ámbito da saúde pública e a prevención. 

Leer más:  Un hombre mata a cuchilladas a su cuñado en plena calle en Vilagarcía de Arousa y se da a la fuga

- Te recomendamos -