Inicio Galicia A denominación de orixe Ribeira Sacra prevé aumentar a recollida de uva...

A denominación de orixe Ribeira Sacra prevé aumentar a recollida de uva ata chegar aos 6 millóns de quilos nesta vendima

0

A conselleira do Medio Rural achegouse ata o municipio da Teixeira para ver os traballos de vendima na adega Cachín, onde constatou a gran calidade da uva que se estende ás cinco denominacións de orixe

Esta semana arrincou a vendima na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, que prevé recoller ata 6 millóns de quilos de uva de gran calidade. Isto vai supoñer un aumento da produción en preto dun 10% con respecto á vendima do pasado ano. Con motivo destes traballos, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, desprazouse ata o concello ourensán da Teixeira para visitar as instalacións de Adegas Cachín e ver os traballos de vendima.

A conselleira, que estivo acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, constatou a gran calidade da uva en xeral nas cinco denominacións de orixe e, en especial, na da Ribeira Sacra, grazas á humidade dos últimos meses que fixo que os viñedos producisen unha uva máis equilibrada. Ángeles Vázquez destacou as boas previsións no conxunto destes cincos selos de calidade, pois espérase unha recolleita de aproximadamente 61 millóns de quilos de uva.

Leer más:  Diego Calvo solicita al Ministerio de Transportes que tome en serio las infraestructuras de Galicia

No caso da denominación de orixe Ribeira Sacra, cuxos traballos empezaron este martes 25 de setembro e finalizarán previsiblemente sobre o 25 de outubro, espérase unha colleita de gran calidade nas máis de 1.200 hectáreas que ten inscritas. “O traballo e esforzo dos máis de 2.000 viticultores que conforman esta gran familia permiten obter uns viños de gran prestixio”, subliñou a conselleira, que engadiu que precisamente a marca “Peza do Rei”, da DO Ribeira Sacra, foi a escollida polo expresidente de Estados Unidos no Día da Hispanidade dos anos 2013 e 2014.

Este viño, de Adegas Cachín, tamén foi galardoado co Acio de Ouro Tinto da DO Ribeira Sacra nestas últimas Catas de Galicia 2018. “Este premio é un exemplo de que a calidade non está ligada á cantidade”, salientou a conselleira ao visitar esta bodega, cuxa produción de viño no ano 2017 foi de case 76.000 litros. Trátase dunha empresa que elabora viños tintos xoves e barrica, onde domina a variedade mencía en case un 98%, e viños brancos xoves.

Leer más:  La Xunta publicará la lista provisional de admitidos en las escuelas infantiles a partir de este lunes

Colleita de gran calidadeA titular de Medio Rural indicou que o volume de uva que está previsto recoller en toda Galicia é case idéntico ao do ano pasado, cando se vendimaron 61,4 millóns de quilos. Como en anteriores colleitas, a maior parte do froito corresponde á denominación de orixe Rías Baixas, con case o 60% do total. Por volume de uva a recoller, a seguinte denominación é a do Ribeiro, cunhas previsións de 10 millóns de quilos, seguida pola DO Ribeira Sacra con 6 millóns de quilos, Valdeorras con 5 millóns de quilos e, por último, Monterrei cunha previsión de 4 millóns de quilos. 


- Te recomendamos -