Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural e o Concello de Vilarmaior estudan a...

A Consellería do Medio Rural e o Concello de Vilarmaior estudan a posibilidade de acondicionar unha ponte sobre o río Baxoi

0


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá na Coruña co alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste municipio coruñés no relativo ao agro.

Entre os asuntos tratados, destaca a posibilidade de acondicionar unha ponte sobre o río Baxoi a través da liña de Plan de Infraestruturas Rurais (PIR), que o ano pasado contou cunha dotación orzamentaria de 4,7 millóns de euros. Esta liña financia a mellora de infraestruturas situadas no rural galego que precisan dunha mellora estrutural para que os veciños poidan seguir empregando ditas instalacións.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

- Te recomendamos -