Inicio Galicia A Comisión Escolar de Alertas suspende hoxe as actividades no exterior dos...

A Comisión Escolar de Alertas suspende hoxe as actividades no exterior dos centros educativos en varios puntos da Coruña, Pontevedra e Mariña lucense

0

Non se suspende a actividade lectiva nin o transporte escolar

A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender hoxe, a partir das 12:00 horas as actividades no exterior dos centros educativos das zonas de predición meteorolóxica do suroeste da Coruña, oeste da Coruña, noroeste da Coruña, litoral de Pontevedra da Mariña lucense, debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de ventos superiores a 100 quilómetros hora que comezará este martes e se prolongará ata as 00,00 horas de mañá mércores.

En calquera caso, a Comisión decidiu que se manteña a actividade lectiva así como o transporte escolar en todos os centros educativos de Galicia. Aínda así, e como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre